|
|
Asociación Bágoas da Terra |
|
|
Grupo Música Folk |
||
|
|
O seu repertorio está composto por temas tradicionais, arranxados polos seus compoñentes, principalmente temas propios, pero tamén algún tema de autor, sempre arranxados polo propio grupo. Durante a sua traxectoria, que parte no ano 1.995, levaron a cabo varias actuacións en Viveiro, onde realizan anualmente un concerto multitudinario na Praza Maior así como outras intervencións, como o concerto extraordinario de Nadal no Teatro Pastor Díaz, etc. Ademais están integrados e interveñen nos circuitos culturais da Xunta de Galicia, actuaron no Concello de Riotorto, en diversos programas ante as cámaras Televisión de Galicia, no Auditorio da Casa de Cultura de Gamonal en Burgos, así como no Teatro da Real Escuela de Arte Dramático de Madrid.
Voces Solistas: Sara Moreno e Ruth García. Voces e pandeiretas: Irma Moreno (voz e percusión), Mercedes Balseiro, Xiana Ínsua e Sara Moreno (voz solista).
Escoita as Cantareiras de Bágoas da Terra
|
|
O grupo Folk de “Bágoas da Terra” xorde a raíz de introducir músicas nas danzas do grupo, con instrumentos que completasen o tradicional cuarteto de gaitas tamboril e bombo. Así pois engadiron zanfona, acordeón, guitarra, cavaquinho, frautas, bouzouqui, etc. formando de esta maneira o grupo folk da asociación. Posteriormente, ademais de cancións típicas como muiñeiras, xotas, etc. engadiron outros temas ao seu repertorio con ritmos mais innovadores e fusionando estilos que, ainda que non son de raíz exclusivamente galega, si dan unha gran riqueza ao son dos nosos instrumentos. Deste xeito, nos seus concertos pódense esoitar rumbas, boleiros, bossa nova, baladas, etc. facendo da sua actuación unha audición de gran variedade rítmica. Caracterízanse por unha fusión de estilos, sempre partindo dunha base tradicional e engrandecendo a mesma.
A sua intención é intentar humildemente que a sua música sirva ante todo para divertir, relaxar ou animar a todo aquel que teña a oportunidade de escoitala.
MÚSICOS: Guitarras, bouzouqui e baixo: Kico Salgueiro; Percusión: Martín Fernández; Acordeón, piano e teclados: Pablo Esqueira; Frauta Traveseira: Soraya García; Gaita, frauta, whistle, acordeón e percusión: José Miguel Soto; Guitarras e baixo: Juan Salgueiro; Gaita, flauta e whistle: Javier Pena “Bossa”; Violín: Ruth García; Violonchelo: Blanca López.
|
|