Escolle linguaPáxina anteriorResume/menúMenú clásico

 
 
No currículo galego da ESO (DOG 12-4-93), área de Matemáticas, atopamos, entre outras cosas:

4.1. Introducción
Non aparecen aquí as palabras calculadora nin computador, nin sequera cálculo.

4.2. Obxectivos xerais
Tampouco non aparecen aquí as palabras calculadora e computador, mais si cálculos e recursos e mais instrumentos.

4.3. Bloques de contidos
Contidos actitudinais
- Recoñecemento e valoración crítica da utilidade da calculadora e demais tecnoloxías para a realización de cálculos.
4.3.1. Números e operacións. A Medida
Conceptos
. Máquinas de cálculo:
   - Posibilidades e limitacións da calculadora.
   - Teclas operativas, funcionais e de memoria.
   - Outros instrumentos de cálculo dispoñibles.
Procedementos
- Utilización de instrumentos de cálculo para a realización de operacións numéricas.
4.3.2. Xeometría
Tampouco non aparecen aquí as palabras calculadora e computador, mais sí calcular.
4.3.3. Álxebra
Tampouco non aparecen aquí as palabras calculadora e computador, nin sequera calcular.
4.3.4. Análise
Tampouco non aparecen aquí as palabras calculadora e computador, nin sequera calcular.
4.3.5. Estatística e Probabilidade
Procedementos
- Emprego de diversas técnicas para a obtención de números aleatorios (dados, bolas, táboas, calculadora...).

4.5 Criterios de Avaliación
- Resolver problemas para os que se precise a utilización das catro operacións, as potencias e raíces, con números enteiros, decimais, fraccionarios e reais, elixindo a forma de cálculo apropiada e valorando a adecuación do resultado ó contexto.
A través deste criterio pode valorarse se o alumno é capaz de asignar ás distintas operacións novos significados e interpretar resultados diferentes dos que se obteñen habitualmente con números naturais. Preténdese, ademais, que o alumno sexa capaz de determinar cal dos métodos de cálculo (escrito, mental ou con calculadora) é axeitado en cada situación, ademais de adopta-la actitude que leva a non toma-lo resultado do cálculo por bo sen contrastalo coa situación de partida.

A palabra computador si aparece, porén, nas áreas de Educación Plástica e Visual e mais Lingua Castelá e Literatura.
 

Escríbeme Esquecin algunha cousa? Escríbeme
contador