| Considero só as 87 encuestas que recoñecen ter calculadora científica. Talvez noutra ocasión poderemos saber por que hai algúns que non a teñen ou non a levan á clase.
Canto aos
modelos, recollín até
21 respostas diferentes. Mais non é tanta a variedade como
podería
parecer: 11 respostas distintas son variantes da Casio FX-82, e das
outras
10, apenas a Casio FX-6300
G aparece máis de dúas veces (seis).
Así que fixen
tres grupos dentro das primeiras (aínda así, non
fun quen
de encontrar ningunha diferencia entre as FX-82
SX e as FX-82 SUPER, mais de seguro que as hai) e mais un
grupo aparte
para todo o resto. Se consideramos tamén os
níveis, teremos
os seguintes datos:
Un 76% destes alumnos teñen unha FX-82, unha das calculadoras científicas máis sinxelas (e baratas) que comercializa Casio. No 3º de BUP hai menos, mais aínda son a maioría. Canto ao curso
anterior, temos os seguintes
datos:
Un 83% dos
alumnos da ESO xa tiña
calculadora no primeiro ciclo (a pregunta non deixaba demasiado claro
que
fose científica). Embora, a metade dos alumnos da ESO
adquire unha
nova. 26 destes 32 aparellos supostamente novos (un 81%) son
algún
modelo FX-82; entre os que mudan de modelo a proporción
é
aínda meirande: 19 de 21 (90%). Comentábame un compañeiro que os alumnos as clasifican polo número de liñas (de teclas por riba das numéricas). Aquí seguiremos as tres clasificacións comentadas noutra destas páxinas. Visto que as máis das calculadoras son case do mesmo modelo, non hai demasiada varidade de tipos.
![]()
A outra
clasificación, polo
momento no que se efectúan os cálculos,
non estaba contemplada
na encuesta, mais paréceme que só operaban por
expresións enteiras as sete calculadoras
gráficas. No tocante ao que tiñan no curso anterior, temos estes datos:
![]()
Malia seren poucas, comprobamos que a maioría das calculadoras DAL, e tamén as gráficas, son novas. Non é tanta casualidade, xa que estas sete calculadoras gráficas empregan notación alxebraica. Outras
características si estudadas
na encuesta foron o número de cifras apresentadas na
pantalla e
o xeito de apresentar os resultados en notación
científica.
Había outra pregunta sobre o número de cifras
coas que opera,
mais foi contestada por moi poucos alumnos. Obtivéronse os
seguintes
resultados:
![]()
As
calculadoras que
só apresentan 8 cifras na pantalla xa deben estar
descatalogadas.
Para os cálculos que se fan na secundaria,
poderíase pensar
que non fai falla tanta exactitude. De facto, eu só achei
dous problemas
para facer cálculos
con graos
sexaxesimais (tamén poderían darse en
cálculos
horarios): non aparecen os segundos cando o ángulo
é maior
de 100º, mais poden facerse aparecer aí, e
ás veces
hai un erro dun segundo. Canto á
notación
científica, quen a tiver asumida apenas precisa a mantisa e
o expoñente,
que é o único que apresentan moitas calculadoras.
Iso fai
que os alumnos haxan de aprender a interpretar e traducir o que
apresenta
a súa calculadora ao mesmo tempo que aprenden o concepto.
Talvez a
pregunta non estaba ben redixida
para quen non saiba usar a súa calculadora:
algúns alumnos
non souberon contestala. Visto que é unha
característica
que depende do modelo, puidéronse extrapolar as respostas,
agás
en dous casos nos que non se repetía o modelo.
Computador e folla de cálculo As dúas derradeiras preguntas da encuesta redixíronse co gallo de saber cantos alumnos dispoñen de computador na casa e que programas con interese matemático teñen instalados. Canto aos programas, cómpre salientar que moitos alumnos (máis no 3º da ESO) non saben o que teñen instalado
![]()
Un 45% destes
alumnos teñen computador,
chegando esta porcentaxe a case o 83% no 3º de BUP, mais
só
ao 31% no 3º da ESO. Ao respeito doutros programas, só 9 alumnos afirman telos de representación de funcións e un, ademais, de Estatística. Case os mesmos no 3º de BUP (5) ca en 3º da ESO (4). Son o 23% dos que teñen computador e apenas o 10% do total. Destes 9 alumnos, 7 teñen tamén folla de cálculo e só 2 calculadora gráfica. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
É
preciso traducir os gráficos? Datos diferentes noutros institutos? |
|