Escolle lingua Páxina anteriorResume/menúMenú clásico


Aún no están actualizadas (falta traducir la versión original/en castellano). Perdonad las molestias.
 
 
Parastes algunha vez a pensar no tipo de calculadoras que teñen realmente os alumnos de secundaria?

A encuesta. No curso 1998-99 preguntéillelo nunha encuesta. A idea era preguntar a todos os alumnos de mantemáticas do meu instituto, mais apenas conseguín recoller as respostas de tres grupos de 3º da ESO e mais un grupo de 3º de BUP. A redacción das preguntas é mellorábel, a mostra tampouco non me parece representativa, mais eis os resultados e algunhas das conclusións obtidas:

A gran maioría dos alumnos que recoñecen posuír calculadora científica teñen unha Casio FX-82, unha das calculadoras científicas máis sinxelas (e baratas) que comercializa Casio. Non abonda con ela? Segundo o distribuidor de Casio en España, chega de máis para o segundo ciclo da ESO, mais non para o BUP. De facto, no 3º de BUP hai menos destas, mais aínda elas son a maioría. Outro modelo que se repite (aínda que só seis veces) é a Casio FX-6300 G, a calculadora gráfica máis sinxela (e barata) que comercializa Casio.

Podemos deducir que, estándar ou gráfica, os alumnos (ou os seus pais, que son os que pagan) adoitan escoller a calculadora máis barata. A presenza de calculadoras programábeis é case testemuñal; son máis difíceis de distinguir e tampouco non as encontran (por sorte?) demasiado úteis. Non penso que ninguén mercase un modelo concreto polo facto de ser programábel.

A maioría dos alumnos da ESO xa teñen calculadora (non está claro se é ou non científica) no pimeiro ciclo. Aínda así, moitos deles adquiren unha nova. Entre as calculadoras novas seguen a ser maioría as FX-82, inclusivamente entre os que mudan o modelo. Visto que non parece lóxico mudar para un modelo máis sinxelo, podemos supor que o que tiñan estes alumnos o ano pasado era outra FX-82 ou ben unha calculadora non científica.

No 3º de BUP, en troque, son poucos os que mudan de calculadora, mais case todos estes escollen unha gráfica (iso si, a xa comentada FX-6300 G) que, de paso, emprega a notación alxebraica. Non debe estrañar se en 2º de BUP se traballou con gráficos de funcións e máxime se son alumnos que se ían decantar por materias de ciencias (érano case todos os encuestados).

En xeral, as calculadoras novas son as mellores: hai máis das gráficas , das que empregran notación alxebraica , de 10 cifras. Podemos esperar que no futuro as súas proporcións aínda aumenten máis.
 

Na mesma encuesta pregúntaselles tamén se teñen computador na casa e que programas con interese matemático teñen instalados nel. Canto aos programas, cómpre salientar que moitos alumnos (máis no 3º da ESO) non saben o que teñen instalado. Consideramos dunha banda as follas de cálculo e por outro o resto dos programas, seguramente máis interesantes para a aprendizaxe das matemáticas, mais moito menos populares.

Case a metade destes alumnos teñen computador. Case tres cuartas partes dos que o teñen, afirman ter instalado algunha folla de cálculo (con certeza que haberá máis, pero non o saben). Respeito doutros programas, os que os teñen non chegan á cuarta parte dos que posúen computador. Nos tres casos, hai máis en 3º de BUP ca en 3º da ESO. Todos os que teñen calculadora gráfica teñen tamén computador e folla de cálculo.

Os alumnos de 3º da ESO talvez son demasiado novos para teren un computador, mais moitos deles darano tido, e case seguro que cunha folla de cálculo.

As follas de cálculo non están pensadas para aprender matemáticas e menos aínda para as facer. Si poden, en troque, axudar a pór en prática as matemáticas aprendidas. Se a introducimos no proceso de aprendizaxe, é posíbel que sexa máis doado comprender a súa utilidade e usala neste sentido. Os programas específicos ofrecerán máis opcións con mellores resultados, mais os alumnos non podrán aproveitalas despois na casa.

Por certo, este pequeno estudo estatístico foi feito mercé á axuda dunha folla de cálculo.
 

Escríbeme Algunha outra conclusión con estes datos? Escríbeme
contador