Escolle linguaPáxina anteriorResume/menúMenú clásico

 
 
Desque as calculadoras están ao alcance dos alumnos, cada profesor ha tomar postura ao respecto. Pode escoller entre:
*Calculadora prohibida: Cando eu estudaba (nos anos 80), as calculadoras íanse abrindo paso no ensino. No instituto lémbrome que as podiamos usar nas aulas de Física e Química, mais non nas de Matemáticas: no canto delas, aprendemos a empregar táboas trigonométricas e de logaritmos. Da que principiei a traballar, algúns seminarios aínda prohibían algúns dos seus usos, en certos níveis, nos exames...
Calculadora tolerada: Na faculdade penso que nola deixaban usar porque nos ía servir para pouco. O docente, canso de prohibila, permite que sexa utilizada cando facilitar a tarefa, evítaa cando considera que abonda cos métodos tradicionais, explica pouco ou nada sobre como a usar.
*Calculadora asumida: Os meus alumnos poden pasar mellor o curso sen libro de texto ca sen calculadora. A calculadora tórnase nun contido alén de nun instrumento para tratar outros contidos. Explícaselles como a aproveitaren, propóñense actividades de uso específico da calculadora, desbótanse actividades tradicionais que xa non teñen o mesmo sentido ou trátanse doutro xeito.
Algo semellante pídese nos currículos valenciano e catalán da ESO. Nos outros currículos que encontrei non está tan claro.
Neste caso, o alumno precisa dispor dunha calculadora. Pode ser de seu ou do centro, individual ou compartida, normalizada (todas do mesmo modelo) ou non. O máis cómodo para o docente é que cada alumno teña a súa propia calculadora, e todas elas dun modelo ben coñecido polo profesor (e lle goste!). Porén, o máis cómodo para un non sempre é o mellor para todos:
  • Habemos escoller unha calculadora oficial como escollemos un libro de texto?
  • Podémoslles esixir mercaren unha calculadora gráfica?
  • Todos os alumnos precisan a mesma calculadora?
  • O que acontecerá se máis adiante mercan outra moi distinta?
  • Onde fica a atención á diversidade?
Dar certa liberdade aos alumnos obriga o profesor a coñecer diferentes tipos de calculadoras (tamén cómpre saber de matemáticas, non si?). Entre a liberdade completa e a calculadora oficial, tamén se poden recomendar unhas poucas, de prezos e de tipos variegados.
Escríbeme Lin algo sobre as regras de cálculo;
 tampouco se usaban nas aulas de secundaria?
Escríbeme
contador