Escolle linguaPáxina anteriorResume/menúMenú clásico

 
 
Os coleccionistas de calculadoras que andan pola rede fanlles fotos e comentan as súas características técnicas. Aproveiteime deles ligando coas páxinas que mellor comentan os modelos que me teñen acompañado ao longo dos anos de estudo e traballo.

Eu, pola miña banda, quero facer unha lista máis sentimental delas. Estas sonvos as miñas calculadoras, todas das que me lembro e que aínda conservo, na orde na que chegaran ás miñas mans. As primeiras adoito chamalas polo nome da súa marca; as Casio, polo número do modelo.
 
HP-33E (~1982), a primeira calculadora científica que recordo ter usado e a única que emprega notación polaca inversa. Herdeina de meu irmán, quizá cando lle mercaron a Sharp. Acompañoume os derradeiros anos do instituto e acaso o primeiro da carreira. Con ela comecei a programar e lémbrome especialmente dun programiña que calculaba determinantes 3x3, mais visto que a memoria non era continua, servíame de pouco. Aínda funciona se a teño ligada. Seica a pila, recargábel, estivo descargada demasiado tempo.
Sharp PC-1211 (~1984), a miña primeira calculadora con notación alxebraica. Herdeina tamén de meu irmán. Acompañoume tamén na universidade e durante os dous primeiros anos de traballo. Con ela aprendin a programar en BASIC, con abonda producción, mais sen demasiada utilidade. Até hai pouco, funcionaba aínda. Agora, unha pinga de cristal líquido sae por un recanto da pantalla LCD e non sei se ten pila.
Casio FX-4000P (1990), a miña primeira Casio, e aprimeira calculadora que merquei. Vinlla a un alumno e fiquei encantada dela: era moito máis curosiña que a Sharp, tamén empregaba a notación alxebraica e era Casio. Xa me decatara que os máis dos meus alumnos tiñan unha Casio, portanto, eu precisaba coñecelas e non quería esmagar a cabeza coas de notación mixta. Mais con elas non se programaba en BASIC, atopei incómoda a súa liguaxe de programación e parei de programar calculadoras. Así e todo, aínda de cando en vez executo máis dunha instrución no modo RUN. Arestora só a levo cando fago algunha viaxe, sobretodo cando vou ao estranxeiro para me axudar cos cambios da moeda (évos a máis pequena de todas e ten varias memorias).
Casio FX-8000G (1992), a miña primeira calculadora gráfica. Interesábame saber como ían as calculadoras gráficas, que xa comezaban a aparecer entre os alumnos e así arrequeixaba definitivamente a vella Sharp, que aínda usaba na casa. Axudoume a atopar graficamente moitos límites e solucións de ecuacións, aínda ben, dun xeito só aproximado. Des que a merquei, é a que levaba ás miñas aulas. Non podo traballar sen calculadora, por iso sempre levo algunha.
Casio FX-82? (1998), a miña primeira e única calculadora das normaliñas: nin notacións estrañas -évos un dicer- nin programábel. Agasallouma un alumno cando le mercou unha gráfica e eu xa comezara a construír estas páxinas. Non vos sei de cal submodelo da 82 se trata, porque perdín a plaquiña onde o puña. Aínda así, opera con fraccións e só apresenta oito cifras na pantalla, polo cal aconsellara este alumno que comprase outra. Ultimamente a levo ás aulas algunha vez para emprestala os alumnos que se negan a compraren unha (e tamén a se esforzaren, mais iso é outra historia).
Casio CFX-9950GB PLUS (2000), a miña primeira calculadora que traballa con listas e a única que "lo hace" con menús. Merqueina por puro capricho e para comprobar como van "estas" calculadoras, que xa comezaban a aparecer entre os estudantes. Tíñaa na casa até que descobrí a comodidade de traballar a estatística con listas. "Es" a primeira "desta" lista que non está descatalogada.
Casio FX-991MS (2003), a última calculadora que merquei. "Outro" capricho, para "aprender ahora a usar" as memorias e a "distribución normal nunha" calculadora como as que teñen os mais dos meus alumnos de 1º de Bacharelato. "Tampoco" està descatalogada

Supoño que deica uns anos darei mercado unha calculadora como a Algebra FX 2.0, cando comecen a aparecer entre os alumnos.

 

Escríbeme Pódome considerar unha coleccionista con apenas estes sete modelos? Escríbeme
contador