|
|
Dou
aulas de matemáticas
desde hai anos nun Instituto de Ensino Secundario valenciano (bo, de
feito
estiven en varios e cando eu principiei,
non se chamaban así)
Desde sempre me interesaron moito as calculadoras, seica porque os algoritmos aritméticos nunca se me deron ben. Co tempo funme convencendo da súa importancia no ensino das matemáticas e cada ano vounos empregando máis e máis nas miñas aulas. Ao respecto das follas de cálculo, non usei endexamais na aula de matemáticas, mais si na casa para actividades matemáticas. Acredito na súa utilidade, apenas me falta pólo en páctica. Mais os meus compañeiros non comparten estas ideas e tampouco non as vin reflectidas nos libros da ESO que examinei. Malia todo, gostaría de agradecer a estes mesmos compañeiros a colaboración que, ao cabo, me emprestan. É máis, se non tivese discutido con eles arredor do uso da calculadora nas nosas aulas, quen sabe de que tema estaría a escribir agora? Escribo estas páxinas, que
son persoais,
mais queren ser un espazo de reflexión aberta a outras persoas,
para me aclarar as ideas, compartilas e, se for posíbel,
convencer
alguén. |
![]() |
Comparte as túas ideas ao respecto. | ![]() |