Escolle linguaPáxina anteriorResume/menúMenú clásico

 
 
Nunca non quixen recomendar un modelo concreto de calculadora. Sempre quixen respectar a liberdade dos alumnos (e mais de seus pais, que son os que pagan) para escoller o que máis se axuste ás súas preferencias (e posibilidades económicas). Mais a xente pregúntame que calculadora ía recomendar aos alumnos ou mercar aos fillos.

Non hai calculadora algunha que sirva para toda a vida de estudante, sería unha barbaridade mercar unha calculadora gráfica a un alumno de primaria. Máis do que un modelo concreto, tentarei de indicar que características coido que debería ter unha calculadora dependendo do nível actual do alumno e das súas expectativas de futuro.

*Na primaria, a calculadora ten que ser das básicas. Sería importante que efeituase os cálculos combinados na mesma orde que se concordou para os faceren a man. Pódese comprobar tecleando nela 2+3x4=, o resultado debería ser 14 e non 24. Non sei se hai destas. Eu traballo no eido das científicas. Unha das características que encontro interesantes son, nesta orde: unha memoria, factor constante (decote 2++3 e sucesivos = producen os seguintes resultados: 5,8,11,15...) e máis porcentaxes.

*No primeiro ciclo da secundaria obrigatoria, a calculadora xa ten de ser científica. Se cadra o trazo máis importante neste momento é que a introdución dos cálculos coincida coa súa escrita. É dicer, que use notación alxebraica. Dentro destes, son preferíbeis as que efeitúan os cálculos por expresións completas, teñen máis dunha liña na pantalla (de tal xeito que se ve asemade a expresión calculada e mais o resultado) e, alén diso, permiten modificar as expresións calculadas. Un dos trazos que atopo interesantes son, nesta orde: unha forma clara (mellor que non estexa escondida polos menús) de traballar en base 60, varias memorias e operacións con fraccións.

*Para o segundo ciclo da secundaria obrigatoria imos fixarnos na apresentación dos resultados. Sería interesante unha apresentación dos números en base 60 e en notación científica o máis asemellada posíbel á súa escrita. Fanse tamén máis importantes todas as características enunciadas no ponto anterior. Pódese continuar coa mesma calculadora do primeiro ciclo ou, se se tiver intención de continuar estudos, adquirir outra que valla para o bacharelato. 

*No bacharelato o ideal sería unha calculadora gráfica que traballe a estadística con listas, mais aquí habemos ter en conta o que permiten na proba de acceso á universidade, no caso de se ter previsto facela. Así e e todo, a estatística con dúas variábeis tórnase en impresicindíbel e a presenza de varias memorias moi útil. Se o alumno tiver intención de continuar estudos relacionados coa informática, habería de ser programábel e sería interesante que fixese cálculos en bases diferentes de 10 e 60 (teñen un modo BASE-n para operaren en bases 2, 8 e 16).
 

No meu centro, por exemplo, esiximos unha calculadora científica con estatística dunha variábel para o 3º da ESO e a opción A do 4º da ESO, e con estatística en dúas variábeis para a opción B do 4º da ESO, bacharelato e COU. Non facemos cálculos con estatística de dúas variábeis en 4t, é un xeito de facelos achagarse á Casio FX-82, tan habitual entre os alumnos.

Seica alguén, en chegando a este ponto, pregúntase se se pode usar na secundaria algunha Casio FX-82. Hai moitas FX-82 distintas; as que teñen maioritariamente os alumnos, malia non teren case ningún dos trazos que recomendei, son mellor ca nada (mais hai unha nova FX-82TL que si as ten). Mais con certeza desaconsello de todo as vellas e, coido, descatalogadas calculadoras que apresentan os resultados con 8 cifras e non calculan potencias de base negativa.
 

Mais, que calculadora merco, hanse preguntar aínda algúns. Aínda indo contra a miña vontade, vou dar recomendado modelos concretos. A ollar as webs dos principais fabricantes e o que teñen os alumnos, atopei o seguinte:
    De Texas Instruments salientaría a TI30X II B, non gràfica (nen programábel, paréceme), que podo asegurar que traballa a estatística con listas.
    Casio ten moitas calculadoras estándares con dúas liñas e varias memorias, podémolas ver en dúas páxinas (A e B); salientaría as novas da familia MS, penso que todas elas traballan con listas (STAT-data editor). Entre as Casio programábeis se cadra apenas traballa con listas a FX-4800P. Dentro das Casio gráficas, son preferíbeis as FX-74xxG á FX-6300G, tamén polas listas.
    A maioría das Sharp non gráficas usan notación alxebraica e teñen dúas liñas.
 

Escríbeme Esquecin algunha cousa? Escríbeme
contador