|
|
Ocórreseme
tres maneiras de clasificar as calculadoras científicas:
1.- Polo
xeito de se introduciren os cálculos
2.- Polo
momento no que se efectúan
3.-
Polas capacidades que ofrecen
Polo
xeito de se introduciren os cálculos:
É
ben importante á hora de escoller un modelo, de xeito que en
facendo
cada cálculo cómpre pensar (máis ou menos segundo
o tipo) en como o introducir.
En todo cálculo hai
funcións
e argumentos (para simplificarmos, evitemos agora distinguir
tamén
entre operacións e mais funcións). As máis das
funcións
que aparecen nunha calculadora científica precisan un ou dous
argumentos.
Segundo a orde na que se deben introducir funciones e argumentos,
distinguiremos
os seguintes tipos:
Notación
alxebraica (DAL, de Direct Algebraic Logic),
din os de Sharp
que son os únicos, seguramente serían os prioneiros, mais
agora case todas as empresas teñen destas. Casio usa as siglas
VPAM
(de Visually Perfect Algebraic Method). Como cando escrebemos a
man as expresións matemáticas, habemos pór as
funcións de dous argumentos entre eles mesmos, indo algunhas
funcións
dun argumento diante e as outras tras do argumento.
Notación mixta
(NM, por lle chamar dalgún xeito), tradicional
en Casio, TI
e Citizen.
Nestas calculadoras temos que seguir pondo as funcións de dous
argumentos
no meio deles, mais todas as funcións dun argumento van tras
del.
Pode semellar máis sinxelo, mais como escrebemos coa
notación
anterior e operamos coa seguinte, esta é preciso aprendela
á
parte.
Notación polaca
inversa (RPN, de Reverse Polish Notation),
típica das calculadoras HP.
Chámase
así na honra do matemático polaco Jan Lukasiewicz, o seu
inventor. Nestas calculadoras, todas as funcións
colócanse
detrás dos seus argumentos. Precisan unha tecla decote
para separar ou introducir os argumentos; mais non precisan
parénteses.
Intróducense e efectúanse os
cálculos
na orde que os fariamos a man. Disque desta maneira fan falla menos
pulsacións,
mais eu engadiría tamén que fan falla máis
coñe-cementos
matemáticos. Pódese achar unha descrición
máis
detallada, aínda que en inglés, no museo
das calculadoras HP. Noutra sitio (web) pódese praticar
cunha calculadora desta caste en JavaScript.
En todos os exemplos
incluídos
no Multimanual, considérase
esta
clasificación, xa sexa explicando as diferenzas ou dando tres
solucións.

Polo
momento no que se efectúan
Case que se podería
considerar
unha subclasificación das calculadoras que usan notación
alxebraica. Non coñezo diferenzas neste sentido entre as
calculadoras
doutros xéneros, mais paréceme un criterio de
clasificación
abondo diferente do anterior.
Por
expresións completas, tradicional das calculadoras DAL:
primeiro escrébese na pantalla todo o cálculo tal como o
escrebiría un matemático nunha liña e
prémese
unha tecla, xeralmente ,
para que se efectúa dunha vez. No caso de erro, non fai falla
voltar
a introducir todo o cálculo, pódese corrixir aí
doadamente.
Se a pantalla ten máis dunha liña, vese daquela a
expresión
calculada e mais o resultado.
Por nível de prioridade,
tradicional das calculadoras NM,
mais agora tamén hai calculadoras DAL
destas: introdúcese o cálculo, que se irá
efectuando
a medida que se premen as teclas; as funcións dun argumento
introducidas
detrás, aválianse axiña; cando se introducir unha
operación aritmética, aválianse as funcións
que teñen menor ou igual prioridade ca ela; cando se pecha unha
paréntese, o que houber dentro; cando se premer a tecla
igual ,
todo o que había pendente. Podemos aprezar cando se avalia unha
función, fixándonos en como muda a pantalla. Nos exemplos
aparecen pontos neses momentos. As calculadoras DAL
deste xénero tamén adoitan amosar as funcións en
pantalla.
Inmediata,
exclusiva das calculadoras RPN: estas calculadoras
traballan
cunha pila de números, primeiro introdúcense e despois
indícase
a función, que se efectúa de seguida cos últimos
números
da pila e estes son substituídos polo resultado. Nestas
calculadoras
non fica nenguna función pendente de avaliar, mais si resultados
parciais (as posicións superiores da pila) que non vemos na
pantalla,
malia teren a tecla
para os facer aparecer.
Polas
capacidades que ofrecen
Estándares,
que só serven para facer cálculos, en principio, non
repetitivos.
Agora ben, se traballan por
expresións completas, tamén se pode editar a
expresión
acabante de calcular e facer o cálculo doutra semellante.
Programábeis, preparadas
para executaren repetidamente listas de instruccións.
Algúns
alumnos podrán apreoveitar este trazo, mais aprender a programar
non é un obxectivo das aulas de matemáticas (nin de
moitas
aulas de informática). Outros alumnos gardan listas de
instrucións
non exactamente para as executaren. Adoitan ser máis caras que
as
estándares.
Gráficas,
cunha pantalla meirande, pódense representar nelas ao menos
gráficos
de funcións e estatísticos. Soen ser programábeis
e, polo tanto, aínda máis caras, mais se poden permitirse
o luxo e pensan seguir a estudar matemáticas, paga a pena.
|