Escolle linguaPáxina anteriorResume/menúMenú clásico

 
 
Busquei na rede páxinas sobre calculadoras en castelán ou en catalán.

O que achei? 
Amais dalgunhas que non tiñan nada que ver co tema,
Historias das máquinas de calcular que comezan polo ábaco e rematan nos pecés.
Calculadoras feitas con Java.
Páxinas sobre un modelo concreto, coma a Casio FX-880, a TI-92 ou a HP-48, cuasi-computadores, máis que calculadoras.
Artigos sobre o emprego das calculadoras gráficas no ensino das matemáticas. Máis teoría que práctica.

O que me prestaría atopar?
Historias das máquinas de calcular que inclúan a evolución das calculadoras electrónicas de peto. Apenas unha comenta que no 1966 Texas Instruments a que foi a primeira.
Historias dos cálculos nas aulas. A man, con máquinas, con outros instrumentos...
Páxinas sobre tipos de calculadoras. Segundo a introducción das operacións, programábeis, gráficas...
Ideas prácticas sobre o uso de todo tipo de calculadoras, especialmente non gráficas nin programábeis, no ensino das matemáticas.

Malia todo, aínda achei algunhas delas interesantes, comerciais e/ou en inglés, sobretodo.
 

Escríbeme Axúdasme a facer esas páxinas que aínda non dou achado?
Sabes dalgunha delas, malia estar en inglés?
Escríbeme

 
contador