 |
Cálculos
estatísticos dunha variábel
Case todas as calculadoras
científicas
pemiten calcular meia e desviación tipo dunha variábel
estatística.
Explicamos arreo como o facerdes en calculadoras sinxelas.
Primeiro, haberemos de
preparar a
máquina para receber dados. Nas calculadoras Casio
é preciso activar o modo SD
(de standard desviation), asociado xeralmente á tecla do
ponto. Despois haberiamos borrar os dados que puidese manter dalgunha
ocasión
anterior coa tecla
ou ,
de statistics (all), clear (de certo ningunha destas teclas
aparece
así, conseguimos o seu efeito deste modo, con 
ou  ).
Afín comezamos a
introducir
dados: se temos todos os valores, ímolos mentendo premendo
após
cada un deles a tecla ,
ou .
Se erramos, podemos borrar un valor premendo a correspondente
tecla
ou
(é unha tecla especial para borrar dados estatísticos,
non
a que serve para facer correccións en cálculos normais).
En calquera momento podemos
comprobar
cantos dados levamos introducidos en premendo a tecla .
É aconsellábel facelo á fin para vermos que nin
nos
faltan nin nos sobran. Algunhas calculadoras con varias memorias non
amosan
o n xunto de nengunha tecla, mais si gardan este número
nunha
das memorias. Habería que investigar cal é (adoita estar
na tecla do 3, pódese comprobar coa memoria correspondente: W, C
ou 3).
Cando xa estiveren todos os
dados,
só cómpre usar a tecla
para obter a meia, ou ben a tecla
ou
para a desviación tipo. Podemos facer cálculos con estes
parámetros, como o facemos coas memorias.
Como exemplo,
supoñamos que
as temperaturas ao longo dunha semana foron 20 °C, 19 °C, 22
°C,
21 °C e 24 °C.
Se tivermos táboa de
frecuencias
poderiamos premer
tantas veces como indica a frecuencia, mais seica habemonos equivocar.
Algunhas calculadoras permiten incluír a frecuencia ao
carón
do valor pondo primeiro este e despois a frecuencia, separados por
ou pola tecla do produto, .
Vexámolo co seguinte
exemplo:
| Valores |
Frecuencia
|
|
2,5
|
13
|
|
5,5
|
6
|
|
6,5
|
6
|
|
8,0
|
8
|
|
9,5
|
7
|
Cando damos feito os
cálculos
estatísticos, é preciso descativar
o modo SD.
Nas calculadoras Casio
adóitase
facer activando o modo COMP,
asociado decote á tecla 10.

Nas sofisticadas calculadoras
gráficas de última xeración é
máis
doado de facer, mais resulta máis complicado de explicar en
xeral
(tamén é verdade que as teño menos vistas).
Traballan
con listas e menús. O modo de
cálculos
estatísticos, STAT,
será unha das opcións do menú principal, no caso
de
telo. Ao probalo, accedemos a varias listas nas que introducimos
valores
e frecuencias (os valores nunha lista e as frecuencias noutra). Logo de
cada dado habemos premer
ou .
Para achar parámetros (moitos, non apenas meia
e desviación tipo) cómpre procurar a opción de
menú
CALC
e probar unha ou dúas variábeis; outra opción de
menú,
SET
ou SetUp
hanos permitir indicar que listas corresponden aos valores de cada
variábel e que lista corresponde ás frecuencias.
Tamén podemos ver e modificar os dados introducidos en calquera
momento. Se queremos operar
con os parámetros, como, por exemplo, calcular o coeficiente de
variación, habemos ir ao modo RUN
e procurar dentro do menú VARS.
Se houber algunha
calculadora que
traballase con listas, mais non con menús (ou á inversa),
coido que funcionará combinando os dous sistemas explicados.
(ver versión en castellano)
Outra
explicación
sobre como facermos cálculos estatísticos, tanto de unha
coma de dúas variábeis, cunha Casio FX-115 e en
inglés,
pódese achar na Universidade
de Newcastle.
|