.Escolle lingua Páxina anteriorMenú clásicoFuncións das teclas, modos

. Multimanual

Nestas páxinas preténdese amosar como aproveitar os diferentes tipos e modelos de calculadoras científicas.

Coméntanse as distintas teclas que podemos achar nelas e en que casos usármolas.
Póñense exemplos sinxelos, que se poden calcular mentalmente, para comprobarmos que a calculadora fai o que queremos.
Plantéxanse cálculos unha migalla máis prácticos, onde a calculadora comeza a ser útil para comprobar que se asumiu a parte anterior.

Coméntanse trucos para evitarmos a obriga de reintroducir un resultado previo. No caso de haber operar outra volta co resultado dun cálculo xa feito, aconséllase, nesta orde, algunha destas tres estratexias:

  1. aproveitar o que xa temos na pantalla.
  2. apontalo nunha memoria.
  3. reproducir os cálculos que nos levaron até el.


Estas páxinas pódense ler na mesma orde que aparecen no menú clásico (premendo as teclas  da cabeceira) ou seguindo as ligazóns. Os cálculos iranse complicando a medida que se adiante nesa orde predeterminada, incorporando as características comentadas nas páxinas anteriores.

Malia eu non pretender favorecer calquera marca, as calculadoras que coñezo mellor son as que teño e mais as teñen os meus alumnos, sendo a máis espallada Casio.

Outras páxinas que pretenden explicar o funcionamento de diferentes calculadoras son:
  
en castellano  Uso básico de las calculadoras, na Universidad de Luján, Argentina
 
en catalán  Taller Matemàtiques,  IES JMª Quadrado, Ciutadella
  
en catalán  Maneig de la TI-82, Universitat d'Alacant
  
en castellano  Curso Básico Calculadora Gráfica TI-83 Plus, Universitat d'Alacant
  
en castellano  Calculadora, web de José Mª Arias

Voltar para o inicio

Por acabar