.Escolle lingua MultimanualMenú clásicoMudanzas de signo, números negativos
 
. Funcións das teclas, modos

tecla de mostra As calculadoras científicas teñen moitas teclas. Alén diso, cada tecla adoita ter varias funcións, que aparecen indicadas ao seu redor: sobre a tecla, por riba dela e, mesmo, por baixo.
 

Acostúmase seguir un sistema de posicións e cores:
5 Para obter o que hai impreso sobre da tecla, decote abonda con a premer.
Shift Para o que ten enriba, hai outra tecla que será preciso premer xusto enantes. Esta tecla adoita estar rotulada SHIFT , 2nd , 2ndF , INV ... e ser da mesma cor que os símbolos aos que fai referencia.
Alpha Algúns modelos tamén teñen carácteres literais e mais outra tecla, rotulada ALPHA, coincidentes na súa cor. Para conseguir un destes carácteres prémese a tecla ALPHA xusto antes daquela que ten asociada. Se quixeremos introducir outras varias seguidas, pódese empregar A-LOCK , no caso de existir. 
En premendo algunha destas teclas especiais, é posíbel que a calculadora nolo indique dalgún xeito na pantalla. 
Mode Algúns modelos de Casio aínda o ensarillan máis: teñen símbolos escritos ou encadrados noutras cores, que só son accesíbeis cando activamos un modo de cálculo desa cor. Se o símbolo está escrito na cor, só fará falla premer a tecla; se está encadrada nela, precisaremos algunha das anteriores (SHIFT ou ALPHA ), dependendo da cor na que estea escrito o símbolo. 

Para activarmos os diferentes modos, a maioría teñen unha tecla rotulada MODE, despois da cal habemos
premer a tecla correspondente ao modo escollido. A lista dos modos e as teclas que os activan soe estar impresa embaixo da pantalla, mais nalgúns modelos aparecen por grupos de palabras segundo prememos a tecla MODE . Non se pode desactivar un modo individualmente, temos de activar outro do mesmo grupo. Para ver cales modos están activos, algúns modelos indícano nalgures na pantalla, mentres que outros teñan unha tecla rotulada MDisp .

Os modos máis habituais, por grupos: 

  • M odos de funcionamento, nada máis en calculadoras programábeis : RUN , para facermos cálculos normais e executar programas; WRT, para escribir e modificar programas; e PCL , para borrar programas.
  • Modos de cálculo, cando non hai máis ca un deste grupo: COMP, para os cálculos digamos normais; BASE-n , para as operacións con algunha bases non decimals; SD (de Standard Desviation), para a estatística dunha variábel; e LR (de Linear Regression), para a estatística de dúas variábeis. Algunhas calculadoras gráficas teñen SD1 , LR1 , SD2 e mais LR2 , cos dous primeiros só podemos facer cálculos estatísticos; cos outros dous tamén podemos facer gráficos estatísticos. Outro xeito de indicar o modo de cálculos estatísticos é STAT .
  • Medidas de ángulos : Deg , para os graos sexaxesimais (tamén úteis para medidas de tempo en horas, minutos e segundos); Rad, para radiantes; e Gra, para graos centesimais.
  • Presentación de resultados : Fix , para fixar o número de cifras decimais para amosar; Sci, para amosar os resultados en notación científica , cun número fixo de cifras significativas; e Norm, para amosar os resultados contodas as cifras que sexan precisas.
MENU As sofisticadas calculadoras gráficas de última xeración traballan con menús. Nalgunhas des que a acendedes, xa vos aparece o menú principal a ocupar a pantalla toda, cos modos de funcionamento, sendo un deles o STAT. Os outros modos pódense consultar e mudar con outra tecla rotulada SET UP. Alén do menú principal, hai uns menús que aparecen por defecto, ou en premendo as teclas OPTN , VARS e mais PRGM . Neles áchanse moitas funcións que en calculadoras máis sinxelas se encontran arredor dalgunha tecla. Talvez évos o costume, mais para min é máis doado buscar entre (ou lembrar) as teclas ca entre as opcións des-tes menús. E tamén explicalo.

Outra explicación sobre os modos máis habituais pódese achar no IES Sierra Minera de La Unión (Murcia). 

Voltar para o inicio