|
Sistema sexaxesimal: ángulos e
horas
Coma herdanza dos matemáticos e astrónomos babilónicos, conservamos aínda dúas formas sexaxesimais de medir: o tempo e os ángulos. Para os ángulos inventáronse outros sistemas de medida, como os radiantes e os graos centesimais, que tiveron máis ou menos suceso, mais ningún outro sistema de medir o tempo triunfou. Os ángulos, aliás, empréganse tamén na medida das coordenadas xeográficas: latitude e lonxitude. Operar a man con estes sistemas en base 60 pode resultar complicado se non se dominar os algoritmos para a base 10 e non se ter asumido o concepto de base dun sistema de numeración. Temos unha explicación disto no Proxecto Descartes do MECD. Mudar de base, a man, pode ser aínda máis difícil. Cunha calculadora, porén, évos moito máis cómodo operar en base 10 e facer todas as mudanzas de base que foren precisas. As máis das
calculadoras científicas poden facer cálculos
(trigonométricos) cos tres sistemas de medida de ángulos;
por iso, cómpre escoller o sistema sexaxesimal, representado
polas abreviaturas D ou
DEG (de degree).
Nalgunhas calculadoras Casio adoita
facerse activando o modo
correspondente, asociado decote ao 4; outras teñen a tecla Aliás,
fai falla separar as tres partes da cantidade (horas/graos, minutos e
segundos). Moitas teñen a tecla Introducimos o
ángulo 80°
13' 7'' (80,2186111...(10 ), segundo for a calculadora:
Para
desfacermos a mudanza, é dicer, para pasarmos dunha
expresión decimal
(de base 10) a graos/ horas, minutos e segundos (base 60), as
calculadoras
que teñen a función
En calquera caso,
apuntaremos 80° 13' 7'' ou 80 h 13 min 7 s. Unha volta que sabemos introducir estas cantidades na base 60, operar con elas non ten calquera misterio: facémolo da maneira habitual e despois pasamos o resultado para a base 60. Facémolo con:
Algunhas calculadoras de 8 cifras non teñen espazo para amosaren os segundos dos ángulos maiores de 100º. Pódeselles facer aparecer restando os graos antes de pasar á base 60. Probemos agora con:
En cada un destes exemplos só indicamos unha das maneiras de cambiarmos de base.
|