.Escolle lingua Funcións das teclas, modosMenú clásicoHierarquía das operacións

. Mudanzas de signo, números negativos

Cando construímos a man expresións matemáticas, empregamos o símbolo - para indicarmos dúas cousas intrinsecamente diferentes:

  • En 5-3 trátase dunha operación binaria: calcúlase a diferenza (ou resta) de dous números.
  • En -3 trátase dunha operación u-aria: cámbiase o signo dun número.
A simple vista descóbrese de que operación se trata e non lle damos máis importancia, mais para unha máquina non é tan doado: precisa saber se ten de operar cun só número ou con dous. As calculadoras adoitan usar unha tecla diferente para cadansúa operación.

Para restar, todas as calculadoras teñen a mesma tecla. Dependendo do tipo de calculadora, calculariamos 5-3:
5-3= en calculadoras DAL ou NM.
5enter3- en calculadoras RPN.

Para mudarmos o signo, hai dúas teclas posíbeis, dependendo do tipo de calculadora. Introduciriamos -3:
(-)3 nas calculadoras DAL que operan por expresións completas.
3+/- nas outras calculadoras.
En modelos antigos de HP, a tecla aparece rotulado CHS (de change sign). Se o número ten máis dunha cifra, non é preciso mudar o signo á fin.

No segundo caso, nen sequera imos falar de cálculo. De facto, moitas veces poderiamos prescindir dos signos: operar cos valores absolutos e decidir mentalmente o que facermos cos signos. Por exemplo, para calcular -5-3 poderiamos facer 5 + 3 e copiar o resultado con signo negativo.

É claro que para estes cálculos que escrebemos aquí non fai falla calculadora ningunha. Imos tentar outros menos inmediatos:
 
5012-247
328-1954
-953+751
471-(-84)Solucións
68·(-509)
832/(-64)

Aquí escrebemos parénteses, mais non fai falla usalas mesmo nen nas calculadoras DAL. Usamos as parénteses para evitarmos confusións: así fica máis nidio que o - é mudanza de signo e non diferenza.
 

Mudar o signo equivale a multiplicar por -1. Coa tecla +/- mudar o signo en calquera momento, mesmo nun resultado parcial. Non acontece igual coa tecla (-), que habemos premer antes do número: se queremos mudar o signo dun resultado parcial, haberemos multiplicalo por -1.

Ás veces, un resultado parcial é o segundo termo dunha diferenza, Para evitármonos o introducir de novo, podemos, no canto de apontalo na memoria, efectuar a diferenza ao revés e despois mudarmos o signo no resultado.

Como exemplo destes dous comentarios, calculemos, nesta orde:

  1. A = 34·67Solución
  2. B = 5892-A = 5892-34·67
  3. C = B/26 = (5892-34·67)/26
Outra explicación sobre como facermos as mudanzas de signo pódese achar no IES Sierra Minera de La Unión (Murcia). 
Voltar para o inicio

 
5012-247 DAL 5012-247EXE
4765
NM 5012-247=
RPN 5012enter247-
328-1954 DAL 328-1954EXE
-1946
NM 328-1954=
RPN 328enter1954-
-953+751 DAL (-)953+751EXE
 -202
NM 953+/-+751=
RPN 953+/-enter751+
471-(-84) DAL 471-(-)84EXE
555
NM 471-84+/-=
RPN 471enter84+/--
68·(-509) DAL 68x(-)509EXE
-34612
NM 68x509+/-=
RPN 68enter509+/-x
832/(-64) DAL 832/(-)64EXE
-13
NM 832/64+/-=
RPN 832enter64+/-/
 

Voltar

 
34·67
5892-34·67
(5892-34·67)/26
DAL 34x67EXE
-5892EXEx(-)1EXE
/26EXE
2278
3614
139
NM 34x67=
-5892=+/-
/26=
RPN 34enter67x
5892-+/-
26/
 

Voltar para o inicio