ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS 

PARA FACILITA-LO TRABALLO DE RECHEO DA ENQUISA


É importante non esquecerse de anotar na ficha do Coordinador (na primeira folla) os datos dos responsables (nome, enderezo..) para facilita-la comunicación en ocasións próximas. Ademais, é precisa a lista de participantes no mostraxe, e con letra lexible ou mecanografada, se se quere que aparezan logo no libro que se edita cos resultados. Esta lista acompaña a ficha do coordinador cando devolvades as enquisas cubertas.

A1.- As unidades numéranse de 1 a 10, comezando polo sur (como se seguíramos a liña de costa dende A Garda en dirección Ribadeo). Os códigos de bloque e o número da unidade non deben esquecerse pois teñen como obxectivo a identificación correcta das zonas de mostraxe cada ano. Débese sinála-lo nome (praias, puntas....) que aparece no mapa na cadro correspondente, e si non coinciden, o nome local.

A6..- Polo xeral a partir do uso tradicional do litoral podemos coñece-la cualificación legal, pero sempre podemos solicita-la información ó Concello respectivo, a Dirección Xeral de Medio Ambiente, ... ou a través de Internet podemos coñece-las zonas de baño entrando no servidor do Ministerio de Medio Ambiente.

A7. Na páxina de Conservación desta web hai información detallada de cada unha das figuras de cualificación do litoral

B1.- Só sinalar as opcións que reflicten a que se dedica primordialmente a zona terrestre próxima a unidade, ata un máximo de cinco.

B2.- Non esquecer que as correntes de auga se numeran de sur a norte: 1, 2, ... independentemente de por onde nos, por comodidade ou accesibilidade, comezamos o mostraxe. Ademais, nas cadros debaixo dos números 1, 2.... temos que indicar de qué tipo de corrente se trata (1= Río, 2= Encanamento, ...).

GD6. A suma das porcentaxes de costa que sinalemos como moio sucio, moderadamente sucio ou limpo deben sumar 100 en cada unha das columnas referidas á zona supralitoral e á Mesolitoral

Antes de devolve-las enquisas cubertas, sobre todo no caso de que sexan nenos os que as reenchen, recoméndase repasa-las por se hai erros ou falla información que vos, que estivestes na zona, podedes amañar ou completar.

Coa finalidade de que resulte máis fácil realizar o mostraxe , e sobre todo no caso de que se faga con rapaces, suxerímosvos que repartades entre eles as tarefas a realizar, especializándoos ó máximo.

Deste xeito, unha persoa contará os plásticos, outra os papeis, outra o vidro, etc... E incluso, se queredes, podedes elaborar un patrón simplificado para anota-los datos de envases ou residuos que hai que contar. Unha vez rematada a mostraxe, e na mesma praia, ou en casa ou na aula, unha persoa irá lendo en alto a enquisa e todo o grupo vai contestado segundo a súa apreciación ou responsabilidade.

Obxectos que debemos contar diferenciando entre a Zona Supra e a Mesolitoral

Obxectos que contamos sin Diferenciar entre Zona Meso e Supralitoral

Pneumático
Bolsas plásticas
Envases de plástico de uso doméstico (lixivia, campú, aceite, ..)
Envases de aceite de motor de coche
Aves mariñas mortas
Golfiños vivos e mortos
Ratas vivas e mortas
Aves enzoufadas en petróleo vivas e mortas
Envases de bebida de:Vidro Lata Plástico Cartón Cintas portalatas
Lugares nos que atopamos lixo acumulado
Lugares nos que se queiman pneumáticos
Lugares nos que se queima lixo