Coastwatch Galicia
Coastwatch é unha iniciativa xurdida en Irlanda no ano 1987 no seo da asociación conservacionista Dublin Bay Environmental Group que na actualidade agrupa a colectivos de tódolos países europeos con litoral mariño.En Galicia o desenvolvemento da experiencia está ligada a un grupo de Biólogos e Profesores de Ensino Secundario que desde o ano 1993, e ata a actualidade, coordinan o proxecto no cal participan de xeito voluntario e altruísta profesores e alumnos/as de centros públicos das vilas costeiras galegas.O proxecto Coastwatch desenvólvese como un traballo de campo, e se realiza sempre como unha actividade de grupo, inspeccionándose "unidades" de litoral de 500 mts cada una, e o conxunto formado por 10 unidades consecutivas, 5 Km de costa, constitúen un Bloque de mostraxe. A localización dos Bloques establécese sobre o mapa topográfico a escala 1:50.000, e dende o primeiro ano da experiencia permanecen invariables.As observacións realizadas polos participantes durante a inspección de cada unidade de 500 mts recóllense nunha enquisa, a mesma en tódolos países participantes. A organización da inspección de cada Bloque é asumida de xeito voluntario por unha persoa (coordinador de bloque -polo xeral un profesor ou mestre dun centro de ensino-) e realízase nas últimas semanas de outubro.En cada unidade a toma de datos realízase por un grupo pequeno de participantes que percorre o litoral (a experiencia aconsella grupos entre 3 e 7 compoñentes), e que previamente estudiou e discutiu os distintos apartados da enquisa. A delimitación das 10 unidades dentro de cada bloque é responsabilidade do coordinador, e determínanse mediante referencias tomadas no mapa topográfico, ou a través de medicións no campo.A enquisa esta deseñada de xeito que se adapta ás diferentes circunstancias dos países participantes; as modificacións realizadas de ano a ano son mínimas a fin de mante-la homoxeneidade do estudio, de xeito de que no futuro se poidan estudiar cambios en series temporais.A información que se recolle pódese agrupar en:a) obxectiva: indica presencia/ausencia, con independencia da percepción do observador.b) de opinión: é un instrumento para a canalización da opinión dos participantesc) respostas abertas: canalizan a información sobre situacións non previstas, e recollen as iniciativas propostas polos participantes.A información transcríbese a unha base de datos, e unha vez procesada regresa ós participantes ben a petición propia ou a través dos informes elaborados anualmente. Os resultados da campaña internacional son presentados a entidades internacionais (Parlamento Europeo, Dirección Xeral de Medio Ambiente da U.E.), e os informes elaborados a outras escalas (Estatal, CC.AA., local) son remitidos ós organismos de xestión do litoral e a bibliotecas.A continuidade da Rede e do Programa CW-Galicia se establece mediante o Grupo de Coordinación e a celebración dunha reunión anual aberta a tódolos participantes na que se avalía os resultados obtidos e se prepara a campaña. Este Grupo de Coordinación:1.- Convoca as reunións anuais2.- Distribúe a enquisa para a toma de datos3.- Distribúe entre os participantes documentos relacionados coa protección do medio litoral.4.- Recibe as enquisas e informatiza os resultados5.- Distribúe os resultados de Galicia para a elaboración dos Informes locais, español e europeo6.- Realiza o "Informe Anual de CW-Galicia" no que se presentan os datos obtidos a nivel de toda Galicia e os obtidos en cada un dos concellos inspeccionados. Este Informe distribúese gratuitamente entre todos/as os participantes así como a distintos organismos oficiais: Xunta de Galicia, concellos, Bibliotecas, .. e está disposición de toda persoa interesada no medio litoral, e un exemplar achegase na documentación que se entrega..O principal mecanismo financeiro que fai posible Caoastwatch-Galicia é o autofinanciamento por parte dos propios participantes. Os gastos de edición do Informe Anual son asumidos pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia. |