Por segundo ano consecutivo realízase en Galicia o proxecto
Coaswatch,
participando máis de 1.700 personas na inspección
de 305 Km da costa galega
durante a segunda quincena do mes de outono.
A maior parte de participantes están vinculadas a centros
de ensino (EXB, BUP, FP, e Universidade), pero tamén foi importante
a colaboración de diversos grupos naturalistas e ecoloxistas, así
como de xente preocupada polos problemas ambientais.
1.- Introducción.
Como marco no que encadra-los resultados obtidos, desde o grupo de Coordinación
de CW- Galicia queremos face-las seguintes reflexións:
a) Tradicionalmente Galicia foi unha sociedade rural caracterizada entre
outros par&aate;metros por unha gran dispersión da poboación.
Nas últimas décadas foise producindo un abandono de moitas
áreas do interior en favor de asentamentos costeiros, especialmente
cara ás Rías Baixas e ás Mariñas. En calquera
caso, aínda hoxe existen 31.894 entidaddes singulares de poboación,
das que só 769 teñen máis de 300 habitantes.
b) Os fluxos de poboación estiveron acompañados dun importante
cambio na economía e organización da sociedade, pasándose
dunha poboación articulada en pequenos núcleos, con economía
en gran parte de autoconsumo, a unha poboación con disposición
espacial máis lineal (asociada ás vías de comunicación,
que en moitos casos coinciden a grandes rasgos coa liña de costa)
e enmarcada nunha sociedade de consumo.
c) No aspecto que nos interesa (impacto sobre o medio litoral) este
cambio ten importantes implicacións, pois unha sociedade autoabastecida
xera poucos reiduos, na súa meirande parte biodegradables e facilmente
integrables no entorno, mentres que unha sociedade de consumo como a actual
produce moitos máis desperdicios que, aademáis, son alleos
ó entorno e cunha superior dificultade de integración no
mesmo. Así en Galicia considérse que o coeficiente de xerción
de residuos sólidos é de 1Kg/hab/dia para núcleos
con máis de 50.000 habitantes fronte ós 0,5 Kg/hab/día
na poboación diseminada.
d) Neste contexto veñen durante anos convivindo dous factores:
por unha banda, parte importante da poboación actua coa lóxica
de que cada quen se desfaga dos seus própios residuos, pola outra
a administración local non asume, ou asume de xeito incompleto,
os problemas que neste novo tipo de sociedade aparecen.
2.- Distribución das unidades inspeccionadas.
O maior número de unidades inspeccionadas atópase nas
Rías Baixas, onde é superior a concentración da poboación.
As áreas con menor información son as correspondentes á
Costa da Morte e zonas acantiladas do norte de A Coruña e Lugo,
moitas delas de dificil ou imposible acceso.
A pouca representación de determinadas partes da costa debe implicar
certa cautela na interpretación da información, por exemplo
a relativa ás xeralidades do litoral. Algúns comentarios
ó respecto faranse nos apartados correspondentes.
3.- Xeneralidades do litoral inspeccionado.
No que repecta ó uso do hinterland observamos unha participación
participación aparentemente importante das áreas máis
antropizadas (un 45% do total). En realidade estes datos teñen un
sesgo resultante dunha participación superior das unidades correspondentes
ós tramos de costa con maior densidade de poboación.
A cobertura dominante na zona mesolitoral é rocha (38%) e area
(39%). O reparto que presentan os diferentes tipos de cobertura condiciona
e tamén explica a maior parte da información correspondente
a flora e fauna observada. Neste sentido, compre destaca-la incongruencia
existente entre a alta presencia de algas verdes sobre fondo fangoso e
a baixa participación da cobertura de marisma e fango nas zonas
supra meso e supralitoral. É evidente que se teñen consignado
no apartado incorrecto as especies de Ulva e Enteromorpha que adoitan aparecer
sobre substrato rochoso.
As acumulacións de algas mortas cítanse en moitos casos
(45% das unidades), o que debemos considerar normal tendo en conta as condicións
metereolóxicas predominantes nos días previos ó traballo
de campo, caracterizados pola frecuencia e intensidade de temporais.
Respecto ós animais observados, contabilizáronse un total
de 496 aves mortas, das que 22 atopábanse petroleadas, así
como un total de 8 golfiños mortos. As citas de ratas pódense
asociar en bo número de casos á presencia de vertedoiros
(en 68 unidades indícase este uso para a franxa litoral inmediata),
ou ben ás zonas máis contaminadas por augas fecais.
4.- Lixo e polución
A primeira información ó respecto refírese á
impresión xeral de limpeza que, a pesar do seu carácter subxectivo,
mostra resultados semellantes ós da campaña precedente: valores
próximos ó 60% de áreas limpas na zona mesolitoral
fronte a un 40% sucio ou moderadamente sucio. Os datos invírtense
para o caso da zona supralitoral, posto que a maioría do lixo que
chega á zona mesolitoral é mobilizado pola dinámica
das augas para concentrarse con preferencia nos cintos que marcan os niveis
máximos da preamar.
Precisamente polo carácter de receptor de restos que presenta
a zona supralitoral, referimos a esta zona o gráfico que indica
presencia de distintos tipos de lixo, que actúa así como
indicadora do grao de limpeza. Unicamente presentamos por separado as zonas
supra e mesolitoral, correspondente ós restos de gran tamaño
que resultan dificiles de remobilizar.
O reparto porcentual dos diferentes tipos de lixo coincide basicamente
co presentado no ano 1993. A pesar da constancia dos resultados, consideramos
interesante chamar a atención sobre a cantidade de unidades inspeccionadas
nas que foron atopadas bolsas de lixo (45%), formigón e entullos
(35%), e restos de moblaxe ou obxectos metálicos (arredor do 30%).
A porcentaxe de presencia de papeis, téxtiles, artes de pesca,
poliestireno e bolsas de plástico poderían sorprender se
comparamos coa impresión xeral de limpeza: a conclusión é
que en moitas unidades estes restos non son abundantes (basta cunha presencia
para indicalos na enquisa).
Non interpretamos do mesmo xeito a presencia de aceite ou petróleo
que ten, sempre desde a óptica da "impresión xeral", unha
distribución máis constante no litoral.
Poderiamos dici-lo mesmo sobre a presencia de pequenos envases: aínda
que os datos da enquisa só sinalan presencia/ausencia, hai un número
enorme de vidros, latas e envases plásticos non pertencentes a bebidas.
Con todo, no apartado correspondente ó numero de envases de bebidas
contados aprécianse diferencias significativas entre as dúas
campañas realizadas: o número de envases contados por quilómetro
inspeccionado aumenta de forma notable este ano. A porcentaxe de aumento,
tomando como referencia os datos do ano 1993, sitúase entre un mínimo
do 18% para os envases de vidro e un máximo do 46% para os envases
de cartón. Se consideramos a totalidade de elementos contados por
quilómetro, o incremento resulta do 29%.
Evidentemente, unha serie temporal tan curta é unha parella máis
que unha serie, e non permite avalia-la información, pero quizais
poidamos aventura-la importancia do factor situación meteorolóxica
para explicar estes feitos.
A máis subxectiva información, correspondente á
incidencia de contaminación para a costa, preséntase na figura
9. Segue a considerarse a contaminación da auga como o risco máis
importante, quizais en casos polo efecto sicolóxico que produce
un alto número de tuberías correspondentes a vertidos de
vivendas unifamiliares, que en moitas ocasións se producen en tramos
de costa moi abertos. Sen embargo, redúcese á metade a apreciación
deste mesmo factor como ameaza. A destacar tamén a importancia que
a opinión pública concede á contaminación por
vertidos de orixe fecal (que constitúe un problema importante nas
zonas máis pechadas das rías), fronte á moi baixa
apreciación (2-3%) do risco asociado á agricultura.
5.- Análise das correntes que aflúen á costa
Tendo en conta as valoracións iniciais que se fixeron na campaña
de 1993 con respecto a este apartado, e que se manteñen na campaña
de 1994, débense destacar unha serie de aportacións e comparacións
interesantes.
O número total de correntes analizadas aumentou con respecto
á campaña anterior: 672 exames fronte ós 584 do ano
1993. Dos afluentes estudiados, o 42% corresponde a tuberías, 24%
son filtracións, o 18% ríos e regatos, mentres que o resto
corresponde a canles artificiais. A maioría deles levan auga e teñen
claros signos de contaminación: cheiro e mala cor, presencia de
lixo, de escuma,... Estes sinais son máis evidentes nos conductos
antrópicos (tuberías e canles).
No referente ás análises realizadas sobre o contido en
nitratos e Streptococos fecais, obtivéronse os seguintes datos:
a) A proba de nitratos levouse a cabo en 65 correntes (10% do total),
menos que na campaña do 93, pois houbo problemas co número
de papeis indicadores dos que dispuxemos. A totalidade das mostras deron
valores inferiores ós máximos admisibles segundo a Directiva
91/676/CEE (lémbrese que este máximo sitúase en 50
mg/l). A primeira vista isto representaría unha diminución
xeral do contido de nitratos nas correntes pero, polo menos na provincia
de A Coruña, non se puideron comprobar algunhas das correntes analizadas
na campaña anterior.
b) O contido en Streptococos fecais (analizados mediante un "kit analítico
semicuantitativo) efectuouse en 14 afluentes (2% do total), número
próximo ó da campaña do 93. Como naquela ocasión,
foron realizadas as probas en correntes de auga que desembocaban en zonas
onde a auga de baño presentaba baixa calidade. Os resultados foron
significativos: hai unha clara relación entre a calidade das correntes
de auga examinadas e a mala calidade das augas de baño onde estas
correntes desembocan. Esta contaminación microbiana débese
basicamente ós vertidos domésticos e ós procedentes
das actividades agropecuarias. Estas augas practicamente non son depuradas.
CW- Galicia 1994
datos estadísticos
.
Enquisas cubertas: 611
Costa mostreada:
28 %
1.- Coñecemento da Zona polos mostreadores:
Ben :
39 %
Un pouco:
61 %
2.- Afectación da Zona por Directivas Comunitarias:
Sí:
27 %
Non: 28 %
Non sei:
45 %
2.1.- Tipo de Calificación:
Baño: 56 %
Pesca, Marisqueo: 40 %
Niñada de Aves:
12 %
Interese cienctífico:
5 %
Reserva natural:
9 %
Outros:
2 %
Biotopo Corine: 14 %
3.- Influencias procedentes de terra: ( en %)
Pasto, Horta: 8
Monte, Marisma:
28
Dunas:
7
Rocha, Area:13
Poboación : 30
Vertedoiro:
2
Industria:
4
Porto, Estrada:
8
Z. Miliatr:
0
Outros:
1
4.- Largo da Zona supralitoral:
0- 5 mts:
58 %
5 - 50 mts: 31 %
> 50 mts:
11 %
5.- Cobertura dominante na Zona Supralitoral:
Marisma:
6 %
Canaveira:
4 %
Outra:
22 %
Rocha, Area:
50 %
Construccións:
18 %
6.- Largo da Zona mesolitoral:
0 - 5 mts:
12 %
5- 50 mts:
69 %
> 50 mts: 19 %
7.- Cobertura dominante na Zona mesolitoral:
Rocha: 38 %
Cantos:
6 %
Grava:
6 %
Area: 39 %
Lama:
9 %
Construccións:
2%
8.- Datos destacables sobre os organismos atopados nas Zonas Supra e
Mesolitoral:
Acúmulos algas mortas:
25 %
Aves petroleadas: 496
Aves mortas:
22
Golfiños vivos: 42
Golfiños mortos:
8
Ratas vivas:
58
Ratas mortas:
37
9.- Impresión xeral de limpeza nas Zonas Supra (S) e Mesolitoral
(M):
Moi sucia
1/2 sucia
Limpa
Moi sucia
1/2 sucia
Limpa
S
20 %
40 %
41 %
M
10 %
33 %
57 %
9.1.- Restos de gran tamaño na Zona Supralitoral (S) e na Zona
Mesolitoral (M).
S
36 %
31 %
33 %
47 %
15 %
10 %
Formigón
Máquinas
Mobles
Lixo doméstico
Naufráxios
Agrícolas
M
21 %
18 %
16 %
20 %
18 %
4 %
9.3.- Tipo de lixo encontrado nas Zonas Supra e Mesolitoral:
9.3.1.- Lixo doméstico
9.3.2.- Lixo Plástico
Roupa, Textil, Calzado
71 %
Artes de Pesca
80 %
Papel, Cartón, Madeira
84 %
Cinta de embalaxe
45 %
Alimentos,osos de peixe
38 %
Bolsas, Bidóns, ...
82 %
Polistireno, ...
64 %
9.3.3.- Lixo Químico
9.3.4.- Envases (botes, botellas)
Alcatrán, Brea, Piche
33 %
de Vidro
77 %
Aceite, Petróleo, ..
16 %
de Lata
85 %
Pilas, Cont. químicos
27%
de Plástico
86 %
9.3.4.- Outros tipos de lixo
Material hixiénico: preservativos, compresas,
..
47 %
Resíduos médicos: xiringas, vendas, ...
25 %
Excrementos de mamíferos
24 %
9.4.- Número de pneumáticos
atopados:
Supralitoral: 785
Mesolitoral:
804
9.5.- Número de envases de bebida:
Vidro: 9.899
Lata:18.043
Plástico: 37.877
Cartón: 5.968
Portalatas:
726
10.- Frecuencia de incidentes de contaminación por augas residuais
e/ou fecais (%):
Nunca:
29
Raro:
28
Ocasional:
12
Frecuente: 10
Habitual: 21
Estacional:
1
11.- Cambiaron os últimos temporais o aspecto da costa?
Máis limpa: 1%
Peor: 7%
Non cambiou: 13 %
Non sei: 59 %
12.- Análise das correntes atopadas:
12.1.- Características xerais das Correntes:
Nº
Tipo
Largo medio
Con Auga
Ulen mal
Mala color
Peixes mortos
Lixo
Vertidos
Escuma
Petró leo, Aceite
122
R.
2.16
121
27
38
2
43
29
18
11
94
CA.
0.72
87
26
20
0
37
15
11
5
154
F.
0.45
145
21
17
1
27
20
13
5
274
E.
2.07
213
116
112
8
79
102
55
13
11
C.N
2.36
10
5
6
1
4
3
6
1
R.=Río/ C.A.=Canle artificial, acéquia/ F.=Filtración/
E.=Encaneamento/ C.N.=Canle non fluvial
12.2.- Resultados das análise realizadas:
CONCENTRACIÓN de Nitratos
Streptococos
fecais. nº Strep. / 100 ml de auga
Tipo
Total
0 - 25 mg/l
25 -50 mg/l
> 50 mg/l
Total
<100
100
200
400
1000
R.
28
16
0
0
5
0
0
0
0
0
C.A.
12
9
2
0
2
0
0
1
0
1
F.
5
3
0
0
0
0
0
0
0
0
E.
19
10
4
0
7
0
0
0
0
7
C.N.
1
0
0
0
0
0
0
0
0
0
R.=Río/ C.A.=Canle artificial, acéquia/ F.=Filtración/
E.=Encaneamento/ C.N.=Canle non fluvial
CONCELLOS representados no informe (entre paréntese se
indica a porcentaxe de costa mostreada):
Oia (27%), Baiona (100%), Nigrán (72%), Vigo (80%), Redondela
(55%), Vilaboa (50%), Moaña (13%), Cangas (49%), Bueu (76%), Marin
(4%), Pontevedra (10 %), Poio (36%), Sanxenxo (64%), O Grove (38%), Cambados
(75%),Illa de Arousa (98%), Vilanovoa de Arousa (35%), Vilagarcía
de Arousa (50%), Rianxo (67%), Boiro (66%), Pobra do Caramiñal (75%),
Ribeira (43%), Porto do Son (45%), Noia (50%), Outes (100%), Muros (10%),
Carnota (13%), Dumbría (50%), Cee (46%), Corcubión (20%),
Fisterra (18%), Camariñas (25%), Carballo (50%), A Coruña
(55%), Sada (29%), Bergondo (50%), Cabanas (30%), Fene (25%), Ares (40%),
Ferrol (14%), Valdoviño (26%), Ortigueira (8%), Viveiro (34%), Xove
(5%), Cervo (65%), Burela (25%), Foz (10%), Barreiros (13%)