1.- Distribución
espacial das unidades inspeccionadas 2.- Xeralidades do
litoral. Lixo epolución 3.- Análise
das correntes que aflúen á costa 4.- Enquisa específica
de Galicia 5.- Concellos representados
no Informe 6.- Datos estatísticos
Este é o terceiro ano en que Galicia participa no proxecto
internacional Coastwatch.
O número de participantes nesta campaña foi moi semellante
ós da campaña precedente, aumentando este ano a representación
de centros públicos de ensino en detrimento da participación
de colectivos cidadáns. Sen embargo, a porcentaxe de costa prospectada
diminúe desde o 28% ata o 18%. Entre as razóns que explica
esto pode estar a perda de responsable da coordinación no norte
de Galicia -especialmente en Lugo- e certos problemas no retorno de enquisas
cubertas nalgún punto entre os responsables de bloque e a informatización
dos datos.
1.- Distribución espacial das unidades inspeccionadas
Como xa comeza a ser a norma, a maior cantidade de unidades inspeccionadas
correspóndese coas Rías Baixas, que teñen superior
facilidade de acceso, de concentración de poboación e por
tanto maior cantidade de centros de ensino nas proximidades. A diminución
da densidade de información que se aprecia na provincia de Pontevedra
pódese corresponder co problema xa citado de retorno de enquisas.
Hai tamén un descenso na densidade de información correspondente
ás areas da Costa da Morte, Sada e no litoral lucense.
2.- Xeneralidades do litoral. Lixo e polución.
Existe unha ampla coincidencia entre os datos xerais sobre o litoral
inspeccionado nesta campaña en relación coa información
obtida no ano anterior. O mesmo sucede en gran parte da información
relacionada con lixo e polución, apreciándose en xeral unha
ampla constancia.
A única diferencia importante atopámola nos datos referidos
a lixo químico, onde a presencia de aceite e petróleo baixa
desde o 86% ata o 24%. Isto poderíase relacionar coa maior lonxanía
no tempo respecto do accidente do Aegean Sea, pero en calquera caso
non podemos esquecer que as zonas máis afectadas -as proximidades
de Sada e secundariamente a Costa da Morte- están moito menos representadas
na presente campaña, polo que podemos ter un sesgo neste apartado.
Por outro lado, aparece un incremento significativo na presencia de contenedores
químicos (pilas) desde o 27% ata o 45%. Este dato non se pode interpretar
con seguridade, pero cabe a posibilidade dun incremento na experiencia
e atención dos participantes no traballo de campo.
No informe precedente comentábase o importante incremento no
número de envases contados por quilómetro de costa entre
as campañas do 93 e do 94. Apuntabamos a posible influencia das
condicións meteorolóxicas -abundancia e intensidade de temporais
no ano 94 previos ós días das inspeccións-. Na presente
campaña repetíronse as mesmas condicións meteorolóxicas
adversas, e resulta un número de envases moi semellantes ós
contados na campaña do ano 94.
Respecto ás incidencias de contaminación, dicir que se
trata dunha pregunta de opinión, con resposta cualitativa. Observamos
o curioso fenómeno de que nas dúas últimas campañas
coinciden practicamente as clases "nunca", "estacional", "cotián"
e "frecuente", pero non coinciden as clases "ocasional" e "raro" a pesar
de que as suma das mesmas é a case idéntica nestes dous anos.
Isto sinala os problemas de subxetividade, e por tanto de interpretación,
que presentan este tipo de preguntas. Como se recordará, nos informes
español e galego do ano 1993 indicabase que o obxecto principal
destas preguntas era recoller e canaliza-la opinión dos participantes.
3.- Análise das correntes que aflúen á costa
No ano ó que se refire este informe aumenta considerablemente
o número total de correntes descritas, o que nos indica un mellor
coñecemento da enquisa -que presenta certas dificultades para os
participantes que se integran por primeira vez no proxecto- Esta maior
experiencia resulta nunha mellora da calidade da información obtida.
Nas análises realizadas para a determinación de nitratos
hai uns resultados semellantes ós do ano anterior: seis puntos que
presentan concentracións superiores a 50 mg/l -máximo admisible
segundo a Directiva 91/676/CEE- frente a sete datos no ano 94.
Temos sen embargo moi poca información referente ós
Streptococos fecais, con só duas probas completas realizadas,
que deron ambas un número superior a 400 células en 100 ml
de auga. A razón do escaso número de probas está no
retraso na chegada dos kits de determinación.
4.- Enquisa específica para Galicia
No ano 1994 engadimos unha serie de preguntas á enquisa internacional.
O elevado número de preguntas propostas alongaba e dificultaba en
exceso as observacións de campo. Ademais, algúns dos datos
que se obtiñan podíanse conseguir por outros medios máis
asequibles ou ben resultaban confusos. Por estas razóns na campaña
do 95 suprimíronse parte destas preguntas.
Dos datos recopilados, os que se refiren á recollida e utilización
de algas, depósitos puntuais de lixo, e orixe dos mesmos, son moi
semellantes os presentados na campaña anterior (no Anexo do informe
correspondente). Da análise efectuada por concellos, dedúcese
tamén que os depósitos puntuais de lixo están moi
dispersos por todo o litoral, xa que se presentan en 32 concellos sobre
un total de 37 concellos litorais.
A extracción frecuente ou esporádica de area pasa do 33%
no ano anterior a un 12%, pero hai un 39% de enquisas que declaran descoñece-la
resposta. Este fenómeno está tamén bastante disperso,
pois sucede en 24 concellos.
Nas unidades onde hai paseo marítimo indícase que nun
10% dos casos está en estado de abandono. No 32% das unidades non
urbanizadas existen muros ou construccións que impiden o libre acceso
ó litoral, representando un total de 17 quilómetros. No 28%
das enquisas sinálase a existencia de depuradora de augas residuais
que non funciona.
CW Galicia 1995
datos estadísticos
.
Enquisas : 391
Costa mostreada:
18 %
1.- Coñecemento da Zona polos mostreadores
2.- Afectación por Directivas comunitarias
Ben:38 %
Un pouco: 62 %
Si: 38 %
Non:
19 %
Non sei:
43 %
2.1.- Tipo de Cualificación :
Baño:65 %
Pesca:47 %
Niñada
aves:4%
I. Científico
Reserva
Natural: 1%
Outro 9 %
Biotopo Corine:9 %
3.- Influencias procedentes de terra (%):
Pasto, Horta: 5
Monte, Marisma:23
Dunas:6
Rocha, Area:12
Poboación:39
Vertedoiro
Industria:4
Porto, Estrada:9
Z. Militar
Outros:1
4.- Largo da Zona supralitoral:
0-5 mts:55 %
5-50 mts:39 %
> 50 mts:
6 %
5.- Cobertura dominante na Zona Supralitoral (%):
Marisma:7
Canaveira:
2
Outra:10
Rocha, Area:63
Edificios:18
6.- Largo da Zona mesolitoral:
0-5 mts:13 %
5-50 mts: 66
%
> 50 mts:21
%
7.- Cobertura dominante na Zona mesolitoral:
Rocha: 32%
Cantos:5 %
Grava:3 %
Area:46 %
Lama:11 %
Construccións: 3 %
8.- Datos destacables sobre os organismos atopados nas Zonas Supra e
Mesolitoral:
Acumulación de algas mortas (% total de costa) :
31 %
Aves mortas
Aves petroleadas
135 11
Golfiños vivos
Golfiños mortos
25 2
Ratas vivas
Ratas mortas
49 15
Zona supralitoral
24 %
40 %
35 %
9.- Impresión xeral de Limpeza
Moi sucia
1/2 Sucia
Limpa
Zona Mesolitoral
12 %
32 %
55 %
9.1.- Restos de gran tamaño. Zona supralitoral
44 %
26 %
29 %
45 %
20 %
13 %
Formigón Entullo
Coches, Máquinas
Mobles
Bolsas lixo doméstico
Restos naufráxios
Restos agrícolas
23 %
13 %
18 %
24 %
20 %
7 %
Zona Mesolitoral9.3.- Tipo de lixo encontrado nas Zonas Supra e Mesolitoral:
Lixo Doméstico
Lixo Plástico
Roupa, Textil, Cazado Papel, Catón, Madeira Alimentos, Osos de peixe
77 %
86 %
39 %
Artes de pesca Cintas de embalaxe Bolsas, Bidóns ... Polistireno
Material hixiénico: preservativos,
compresas, .. Resíduos médicos: xiringas, vendas, ... Excrementos de mamíferos
54 %
34 %
28 %
9.3.- Número de pneumáticos
atopados:
Supralitoral:
377
Mesolitoral:539
9.4.- Número de envases de bebida:
Vidro: 5.579
Lata:12.041
Plástico:25.686
Cartón:3.158
Portalatas: 624
10.- Frecuencia de incidentes de contaminación por augas residuais
e/ou fecais:
Nunca:27%
Raro:17%
Ocasion:21%
Frecuente: 8%
Habitual:21%
Estacion: 2%
11.- Cambiaron os últimos temporais o aspecto da costa?
Máis limpa: 7%
Peor:13%
Non cambiou:
53%
Non sei: 28%
12.- Unidades nas que se recollen algas:
Sempre:
8%
En ocasións:
34%
Nunca: 34 %
Non sei:
24 %
Uso das algas
Farmacia:9%
Industria:2%
Abono: 80%
Outros: 3%
Non sei: 7%
14.- Unidades nas que se extrae area:
Esporádica: 10%
Frecuente: 2%
Non: 49%
Non sei:
39%
15.- Unidades nas que existe Paseo marítimo
Non: 71 %
Sí:18 %
En construcción:4 %
En Proxecto: 7 %
Conservación:
Boa: 52 %
Regular:
38%
Abandono: 10%
16.- Unidades nas que existen construccións e/ou muros que limitan
coa liña de costa e impiden o libre acceso ó litoral (só
en unidades NON urbanizadas).
Si:32 %
Km que ocupan:
17
Non:
68 %
17.- Vertedeiros puntuais de lixo
17.1.- Proximidade á costa
Si: 42 %
Nº: 411
Non: 58 %
<25 mts:66%
5-25 mts:27%
> 25 mts: 7%
17.2.- Tipo de lixo presente nos vertedeiros puntuais.
Habitantes do lugar: 57%
Deixado por turistas:13%
Orixe industrial: 18 %
Outro: 15 %
18.- Nº de envases de plástico (uso doméstico).
(Supralitoral /Mesolitoral)
Latas de aceite de coche
(Supralitoral /Mesolitoral)
S
19.651
M
8.634
S
1.173
M
353
19.- Orixe probable do lixo atopado na unidade.
Traido polo mar: 48 %
Vertido de terra:46 %
Non sei:
6 %
20.- Evidencia de queima de:
lixo, nº lugares:60
pneumáticos, nº lugares:15
Non (unidades sobre total):
87 %
21.- Tratamento das augas residuais das vivendas
Tratadas en E. Depuradora
Vertidas ó mar por Emisario
Non Funciona E. Depuradora
1 % 11 % 28 %
Vertido directo a río/regato
Trat. en Pozos Negros
Non Sei