|
CW-Galicia 1996
Como sempre a zona mellor cuberta correspóndese coas Rías Baixas, con maior facilidade de acceso e unha concentración máis grande de poboación e centros de ensino. Hai sen embargo nesta área un descenso no tramo de 250250 km (tomando como orixe o río Miño) que se corresponde coa parte sur da ría de Arousa, incluindo A Illa. Aumenta a información do tramo entre Corrubedo e Carnota (350450 km) A porción central sen datos (500600 km) correspóndese á costa en gran medida de difícil acceso entre Fisterra e Camelle, pero que contén núcleos de poboación (Muxía, Camariñas) e praias de donde sería interesante dispoñer de algunha información. Sen embargo temos datos parciais, como se pode observar no apartado de resultados por concellos, onde figuran os de Fisterra, Muxía e máis ó norte o de Malpica. Debido a algún problema non identificado, só dispoñemos das respostas referidas á enquisa de Galicia e non as da enquisa internacional (por esta razón case tódalas entradas correspondentes a estes concellos teñen ceros, e non se contabilizan no gráfico de densidade de información). A partir de A Coruña escasean os datos: nada das rías de Betanzos e Ares (750800 km) e tampouco do tramo entre a ría de Ortigueira e Foz. Resulta evidente a necesidade dunha dinamización do proxecto nestas áreas. 2. Xeneralidades do litoral. Lixo e polución. Como vén sucedendo en anos sucesivos, tanto os datos xerais como os correspondentes a lixo e polución manifestan gran constancia. Hai un certo descenso na cantidade de lixo, que se indica na apreciación subxetiva de "Impresión xeral de limpeza" cun aumento do 5% da sensación de limpeza na zona supralitoral e do 7% na mesolitoral. Obsérvase algunha diminución do mesmo orden de magnitude na presencia de envases. A este respecto, se pasamos a información máis detallada de "envases de bebidas", contabilizamos un descenso apreciable do número por quilómetro de envases de plástico e lata (o aumento de portalatas probablemente se deba a que se preste máis atención a este elemento). Con todo, resulta difícil valorar estes cambios, tendo en conta que gran parte das acumulacións destes envases se relacionan coa actividade do mar, e dependen polo tanto da súa dinámica nos días previos ás inspeccións. Ademáis, houbo un cambio probablemente significativo na distribución espacial das unidades prospectadas. Quizás resulte máis interesante ter un referente para valorar estes datos que vaia máis lonxe da simple comparación entre dous anos consecutivos. Para isto contamos coa información das outras comunidades participantes no proxecto Coastwatch, e que se pode consultar no Informe general y base de datos sobre el estado del litoral español & Coastwatch 1995 International Report. Apréciase enseguida que temos o máis que dudoso privilexio de ocupa-las posicións de cabeza en canto a lixo se refire, disputándonos o primeiro posto unicamente con Canarias (por outra parte cunhna presión turística enorme) e Murcia. Indo polo miudo podemos dicir que: a) Das seis entradas de "restos de gran tamaño" temos tres medallas de ouro e tres de prata. Os valores son moi próximos ós de Canarias, con quen intercambiamos primeira e segunda posición, e en xeral duplican a media estatal. b) Das dezaseis entradas de "presencia de lixo en xeral" e para o conxunto das zonas supra e mesolitoral, ocupamos seis primeiros postos, cinco segundos, e tres terceiros. Unicamente no apartado "excrementos" (non se sabe se debido á preferencia por emplazamentos menos venteados) estamos por debaixo da media estatal. c) ¿Que dicir dos pneumáticos?. A súa abundancia, xunto coa de electrodomésticos tirados no monte, son probablemente unha das nosas peculiaridades mellor definidas. A súa cantidade disparatada fixo pensar ós redactores do informe español que tiña que haber algún erro. Galicia, co 10% do total de enquisas en España, aporta o 27% dos pneumáticos. Ademáis, unha característica especial deste fenómeno e a súa dispersión, non só o número absoluto é moito maior que en calquera outro sitio, senón que están moi espallados por tódalas unidades. d) Respecto os "envases de bebidas", e tomando como referencia o número de envases por quilómetro prospectado, temos a maior cantidade en envases de plástico, con cifras semellantes as de Catalunya; en envases de vidro a taxa superior está en Canarias cun valor 1.75 veces maior ó de Galicia, que ocupa a segunda posición con valores próximos ós das comunidades mediterráneas. Unha posición semellante atópase respecto ás latas e envases de cartón, pero neste caso ocupamos o terceiro lugar. e) Para dar unha idea das unidades con máis problemas de suciedade, no informe antes citado elaboran un índice cuantitativo onde se considera o mesmo tempo a cantidade de envases e a impresión xeral de limpeza. Calificadas así tódalas unidades inspeccionadas en España, entre as 15 unidades con máis lixo atópanse 4 da provincia de Pontevedra. As preguntas sobre riscos e ameazas para a costa son interesantes porque ofrecen unha imaxe da opinión que teñen os participantes sobre ese tema. Trátase evidentemente de preguntas subxectivas, e moitas veces as respostas non teñen unha relación directa co tramo de costa que se acaba de inspeccionar, senón que corresponden a opinións previas. Resulta interesante compara-la evolución da percepción dos riscos entre CW-94 e CW-96. Hai un descenso na percepción do risco en tódalas entradas menos nos riscos por contaminación de auga e acuicultura: a) O risco de erosión redúcese casi a metade pero non parece que houbese algún cambio nos dous últimos anos que poidera explicar esta actitude; o risco de erosión aumenta en moitas ocasións polos efectos colaterais de obras de infraestructura ¿pode ser que a maior distancia no tempo de obras deste tipo explique a variación de resposta? b) O risco de extracción de area descende moito; neste caso a percepción correspóndese coas respostas ó respecto na enquisa de Galicia , pois diminúen as unidades onde se declara extracción esporádica (do 10% a 7%) e frecuente (de 2% a 1%), aumentando as unidades onde non se extrae area (do 49% a 62%). O resto da diferencia débese á porcentaxe de resposta en "non sei". c) O risco de edificación tamén diminúe sen que exista unha razón obxectiva. Poderiamolo relacionar cunha maior confianza na aplicación da Ley de Costas ou na actividade dos concellos ó respecto. Non está claro que teñamos os indicadores para esperar esto. d) Sobre a risco de vertedeiros os datos cuantitativos obtidos da enquisa de Galicia tampouco parecen xustificar un descenso no risco de máis da metade, cando os vertedeiros só descenden de 0.7 a 0.6 por quilómetro de costa inspeccionado. Realmente, despois dos acontecementos en Bens por todos coñecidos, sería máis lóxico esperar un aumento da preocupación no tema dos RSU. A evolución da percepción do risco por contaminación das augas tamén presenta características que se poden comentar: 1) Hai unha diminución no risco por augas fecais. Isto está de acordo coa información sobre tratamento de augas residuais, que experimenta unha clara mellora, e correspóndese cun aumento das inversións das administracións neste aspecto. Xa comentaramos nun informe anterior que parecía sobredimensionada a percepción do risco neste aspecto en relación con outros posibles riscos de contaminación de augas, polo menos para as zonas do litoral máis abertas ó mar. 2) Diminúe tamén a apreciación do risco de contaminación por aceite/petróleo. Parece claro que o tempo pasa e o afundimento do Aegean Sea queda máis lonxe. A intensidade na preocupación por este tipo de contaminación responde ó mesmo oscilador probabilístico que o que da conta dos graves accidentes e vertidos de petróleo. Noutras palabras, acordámonos de Santa Bárbara cando trona. 3) Tamén resulta sorprendende o gran descenso no risco de contaminación de orixe industrial. Se ben hai algunha mellora puntual (por exemplo, predominio de blanqueo con osíxeno en lugar de cloro en ENCE, a pesar de que este cambio non se fixo no período que analizamos), tampouco parece haber indicadores suficientes para ter unha gran confianza. 3. - Análise das correntes que aflúen á costa No que se refire á contaminación xeral dos efluentes podemos facer a comparativa en relación cos efluentes que verten ó Mediterraneo e cos que verten ó Cantábrico. Nos dous casos, e para cada un dos parámetros considerados, os valores de contaminación en Galicia son sensiblemente inferiores. En canto á concentración de nitratos, e comparando outra vez cos efluentes do Mediterráneo e do Cantábrico, obsérvase un valor máis baixo na clase sin nitratos, maior na clase 0--25 mg/l pero, a diferencia dos efluentes utilizados como referencia, non temos ningún rexistro na clase de máxima contaminación (> 100 mg/l). 4. Enquisa específica para Galicia A información procedente desta enquisa que engadimos á enquisa internacional tamén resulta interesante, e parte dela xa se foi citando no apartado anterior. Algúns aspectos a destacar son os seguintes: A información sobre recollida e utilización das algas é moi semellante á obtida nas anteriores campañas. Hai unha mellora no que se refire a extracción de area, que diminúe considerablemente. Respecto ós paseos marítimos, diminúen os que están en construcción ou proxectados, pero a falta de correspondencia desta información cos datos de presencia/ausencia (hay un descenso en términos porcentuais) delata os cambios na distribución de unidades prospectadas. O que si varía notablemente é a resposta sobre estado de conservación, xa que se califica un 94% como boa, frente o 52% do pasado ano. Xa comentamos o pequeno descenso nos vertedeiros puntuais de lixo, pero todavía se atopan no 40% das unidades. Ademáis, o propio cambio na distribución espacial das inspeccións, sumado á escasa diferencia entre os datos dos dous anos consecutivos, impide verificar unha tendencia. Sobre a orixe do lixo atopado, hai evidentemente un erro na introducción dos datos, pois figura como 0% o traído polo mar, cando era habitual calificar aproximadamente ó 50% a orixe terrestre e mariña. Sobre a queima de lixo e pneumáticos, manténse arredor de 85% a porcentaxe de unidades onde non hai evidencias, pero aumenta espectacularmente o número de lugares onde hai queimas (facendo a corrección debida a diferencia de unidades prospectadas dun ano a outro, aumenta nun factor 2 e factor 2.7 o número de lugares onde se queima lixo e pneumáticos, respectivamente). Onde si se sinala unha melloría é no tratamento de augas residuais das vivendas. Diminúe nun 44% o conxunto vertidos directos máis presencia de depuradora non funcional, o que iguala ó aumento no conxunto augas tratadas máis emisarios máis pozos negros.
2.1.- Tipo de Cualificación :
3.- Influencias procedentes de terra (%):
5.- Cobertura dominante na Zona Supralitoral (%):
7.- Cobertura dominante na Zona mesolitoral:
8.- Datos destacables sobre os organismos atopados nas Zonas Supra e Mesolitoral:
9.1.- Restos de gran tamaño. Zona supralitoral
9.3.- Tipo de lixo encontrado nas Zonas Supra e Mesolitoral:
Outros tipos de lixo
9.4.- Número de envases de bebida:
10.- Frecuencia de incidentes de contaminación por augas residuais e/ou fecais:
11.- Cambiaron os últimos temporais o aspecto da costa?
12.- Porcentaxe de costa que presenta un risco serio ou unha ameaza inminente:
13.- Unidades nas que se recollen algas:
14.- Unidades nas que se extrae area:
15.- Unidades nas que existe Paseo marítimo
16.- Unidades nas que existen construccións e/ou muros que limitan coa costa e impiden o libre acceso ó litoral.
17.- Vertedeiros puntuais de lixo: 17.1.- Proximidade á costa (metros):
17.2.- Tipo de lixo presente nos vertedeiros puntuais.
19.- Orixe probable do lixo atopado na unidade.
20.- Evidencia de queima de:
21.- Tratamento das augas residuais das vivendas
22.- Análise das correntes.
CONCELLOS representados no informe (entre paréntese se indica a porcentaxe de costa mostreada): A Guarda (67%), Oia (19%), Baiona (47%), Nigrán (89%), Vigo (78%), Redondela (86%), Moaña (91%), Cangas (54%), Bueu (72%), Marin (56%), Poio (56%), Sanxenxo (15%), O Grove (86%), Cambados (100%), Vilanovoa de Arousa (22%), Rianxo (33%), Boiro (23%), Pobra do Caramiñal (63%), Ribeira (57%), Porto do Son (50%), Noia (50%), Outes (100%), Muros (10%), Carnota (29%), Fisterra ( %), Muxía ( %), Laxe (36%), Ponteceso (22%), Malpica de Bergantiños ( %), Carballo (56%), A Coruña (76%), Oleiros (9%),Ferrol (14%), Valdoviño (3%), Cariño (17%), Foz (34%). |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||