Coastwatch- Galicia 2000

 

                                         Datos estatísticos 
 
 
 
A participación na campaña CW-Galicia 2000

Pódese observar na táboa, que na campaña do 2000 a cantidade de unidades, e polo tanto os Km de costa percorridos, foi a máis pequena na xa longa historia das campañas CoastWatch- Galicia. 

As diferencias de participación en anos sucesvos son unha das características dos proxectos baseados no traballo voluntario; pero no desenvolvemento da campaña CW-Galicia 2000 houbo una particularidade que convén suliñar: no outono os temporais de auga e vento mallaron a costa un dia sí e outro tamén, dificultando, e mesmo imposibilitando, que moitos participantes poideran rematar/escomenza -la mostraxe do litoral. De feito, repartironse moitos maís bloques na reunión de octubro, dos que logo poideron ser percorridos e avaliados. 

Malia as difíciles condicións meteorolóxicas, percorreronse 98 Km de costa, analizados en 196 enquisas, o que representa un 15% da costa que é accesible.

A distribución dos datos ó longo da costa e varible, coma en outras campañas, pero hai concellos inspeccionados no 50%, ou máis, do seu litoral: Nigran, Vigo, Poio, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Outes, e Carballo., porcentaxes que son moi significativos para avaliar o estado da costa.

Constátase unha tendencia que xa se viña apuntando nas campañas dos anos anteriores: a meirande parte dos participantes son grupos organizados nos Centros de Ensino Secundario e Primario, que manteñen unha forte fidelidade ó proxecto. 

O proxecto CoastWatch perfílase, deste xeito, como unha interesante actividade de educación ambiental, como unha forma de sensibilizar ós alumnso/as (e participantes en xeral) do problema da xestión dos residuos que producimos. Contar e mira-lo lixo é unha forma moi direita de intervir no troco das conductas dos fututos cidadáns.
 

Comentario dos datos obtidos 

A densidade de datos é moito menor ca dos outros anos, e hai concellos dos que este ano non temos información. Pero pódense facer algunhas consideración sobre o lixo e o estado de limpeza recurrindo as porcentaxes de unidades nos que se atoparon os distintos tipos de restos que analizamos nas mostraxes. 
Neste senso, observamos cómo as porcentaxes de costa nos que hai lixo non varían moito con respecto anos anteriores, o que semella indicar que a presencia de lixo no litoral está relacionado con un aporte contínuo por parte de ¿...? e que as iniciativas levadas a cabo pola administración neste campo son inexistentes ou non teñen funcionado.
Como outros anos resulta chamativo o número de pneumáticos contabilizados; un total de 532, o que representa 2,7 por unidade, dato semellante ó de anos anteriores. 

Moi constante tamén resulta a apreciación dos mostreadores sobre o estado de limpeza do litoral; as porcentaxes de costa considerada moi sucia, medio sucia e limpa mantéñense dentro dos mesmos rangos que anos anteriores, e a zona supralitoral está máis chea de lixo ca zona mesolitoral. A orixe probable da meirante parte do lixo son os vertedeiros puntais atopados e, segundo a apreciación personal dos mos treadores, cos habitantes do lugar.

Costa mostreada nas distintas campañas CoastWatch-Galicia
 
ano no enquisas Km percorridos % sobre  total  % sobre accesible
1993 477 238,5 22 37
1994 611 305,5 28 47
1995 391 195,5 18 30
1996 508 254,0 23 39
1997 478 293,0 22 37
1998 441 220,5 20 34
1999 352 176 16 26
2000 196 98 9 15

 

1996 1997 1998 1999 2000
Formigón, entullo 41 48 46 48 49
Coches, máquinas... 25 26 29 23 22
Mobles 30 36 37 31 30
Bolsas con lixo doméstico 44 53 54 45 42
Restos de naufraxios 20 27 31 25 39
Restos agrícolas 17 21 19 17 19
Roupa, textil, calzado.. 72 72 77 75 77
Papel, cartón... 85 85 88 86 86
Plásticos.. 84 45 91
94
Poliestireno 67 59 77 75 76
Envases de bebida de: 
Vidrio
Lata
Plástico

73
76
83

70
67
45

79
74
91

78
72
90

84
73
48
Material hixiénico 53 46 60 56 65
Residuos médicos 27 24 29 31 31
Pneúmáticos
46 48 44 49
Vidrio de bebida só
81 82 77 79
Latas de bebidas
84 88 79 82
Plásticos de bebidas só
86 90 89 88
Cartón (Briks) bebidas
67 32 30 71
Cintas portalatas
35 70 61 27

 

1