Putrescibilidade da auga




ESTIMA DA MATERIA ORGÁNICA
  PRESENTE NA AUGA

Unha das formas máis sinxelas para detecta-la presencia de materia orgánica na auga dun vertido é emprega-lo ensaio de putrescibilidade ou do azul de metileno. Básease en que a auga comportase como un sistema redox cando contén materia oxidable e osíxeno, e polo tanto a relación aparente entre a concentración das formas oxidadas e reducidas proporcionará unha estima da cantidade e calidade da materia orgánica.

O azul de metileno é un colorante indicador redox que ten dúas formas, oxidada e reducida, de diferente cor. De acordo ó potencial da disolución na que se atopa, adoptará a forma maioritariamente oxidada ou reducida, e a súa presencia tinxe de azul ou manten incolora a disolución, segundo sexa o caso.

Nas mostras de vertidos o ensaio consiste en medi-lo tempo no que a mostra perde cor cando se garda na escuridade e incubada a 30ºC. A materia orgánica, nestas condicións e gracias á actividade catalítica microbiana, consume o osíxeno presente na auga na seguinte orde: primeiro o  osíxeno disolto, despois  o osíxeno contido nas formas nitrato e nitrito, e por último o osíxeno contido nos sulfatos presentes.

Despois da desaparición das formas primeira e segunda, as condicións convírtense en anaerobias e producese a reducción da forma coloreada ata a incolora. Se a mostra contén sulfatos, a súa reducción a sulfuros provoca un cheiro desagradable que notaremos cando abramo-lo frasco.

O ensaio proporciona unha idea do tempo durante o cal se manteñen as condicións aerobias, sen que exista aireación algunha do exterior, e a expensas dos materiais presentes na auga.
 

 
TEST DE PUTRESCIBILIDADE da AUGA ou do AZUL DE METILENO

Unha auga que teña materia orgánica transformable, e conservada nun tubo pechado primeiro perde o osíxeno, e despois as súas sales osixenadas redúcense, polo que os nitratos e sulfatos tenden a desaparecer do medio e o pH baixa.

O cheiro característico desprendido do tubo sinala que a auga pudríuse, e polo tanto, a auga é putrescible. Os fenómenos de reducción das materias orgánicas poñense en evidencia pola decoloración dunha solución de azul de metileno coa formación dunha leucobase.

Reactivo: Solución de azul de metileno a 0,5 gr/l.

Método a empregar:

    1.- Introducir nun tubo de ensaio con tapón de rosca de 50 ml 0,3 ml de solución de azul de metileno.
    2.- Completar ata o borde coa auga que imos avaliar.
    3.- Pechar herméticamente procurando non deixar aire (o aire elimínase totalmente se o tapón é de punta convexa).
    4.- Axitar para homoxeneixa-lo contido.
    5.- Coloca-lo tubo na estufa, na escuridade e a unha temperatura de 20ºC - 27ºC (durante o transporte é factible coloca-lo tubo entre a roupa, o más preto posible do corpo).



Resultados.
O tubo perde a cor antes de 6 horas Auga moi contaminada por Materia Orgánica Estable" ó 0 %
O tubo perde a cor entre as 12 e 15 horas Agua contaminada por Materia Orgánica Estable ó 50 %
O tubo perde a cor despois dos cinco días Auga no contaminada por Materia Orgánica Estable ó 100 %
Notas:
1