A auga, aínda que semelle estar totalmente limpa, normalmente contén microorganismos invisibles para o ollo humano sen axuda do microscopio. A contaminación fecal engade a auga microorganismos que nalgúns casos son perigosos, e que chegan a sobrevivir ó longo de semanas ou meses. Os grupos de microorganismos xeralmente analizados son o grupo de Coliformes fecais e de Estreptococos fecais, que se relacionan con infeccións dos ollos e da gorxa, asi como cistites e transtornos dixestivos. A calidade dunha auga, conforme o prescrito nas Directivas da Unión
Europea sobre calidade das Augas de Baño e Pesca, baséase
na presencia da bacteria Escherichia coli, e como se admite que
a existencia de Estreptococos fecais na auga pode ser un indicador da presencia
doutros microorganismos patóxenos, como por exemplo Escherichia
coli, CoastWatch elixiu este parámetro microbiolóxico
como test de calidade da auga dos efluentes de auga dóce encontrados
na inspección (o test é igualmente válido para auga
salgada).
PRECAUCIÓNS ALMACENAXE DOS TUBOS. Os 5 tubos conteñen cantidades iguais de medio de cultivo. Están esterilizados e deben almacenarse antes do seu uso nun lugar fresco e escuro (entre 4 e 20 C). Non abrir nin contaminar o contido manipulando ou desenroscando o tapón. Se algún dos tubos adoptara antes de usalo unha cor mais escura que os demais, débese rexeitar. SEGURIDADE. Os tubos conteñen un medio de cultivo que, ó ser selectivo, contén inhibidores e velenos para os microorganismos que non buscamos. Este medio é velenoso para as persoas e os animais domésticos se chegara a inxerirse en cantidades suficientes. Deben manterse lonxe dos cativos. No caso de se verte-lo contido dun tubo, botar abundante auga para diluilo. Para desfacerse do contido dos tubos, é doado colocalos abertos nun recipiente non metálico con metanol ou lixivia durante unha noite. Non bota-lo contido dos tubos a canos metálicos xa que se poden producir pequenas cantidades de compostos explosivos. Este proceso debe realizarse sempre antes de 4 horas desde a toma da mostra
2.- Destapar un dos tubos sen toca-lo contido nin a parte interior do tapón. 3.- Engadi-la mostra de auga ó contido do tubo. 4.- Pechar ben o tubo e axitar con forza. 5.- Repetir para os demais tubos, tendo moito coidado de que a punta da pipeta non toque con ningunha parte mentres dura a operación. 6.- Poñer en incubación os tubos entre 37 e 40ºC nunha estufa de cultivos, iogurteira, ou quentador de biberóns. Anota-la hora na que principia a incubación; controla-la temperatura ó comezo e ó cabo de 1/2 hora. 7.- Observar cantos dos 5 tubos se escureceron (trocándose a cor en marrón ou negro) ó cabo de 48 horas. Se o troco da cor é moi rápido é posible que se deba a outros contaminantes químicos, neste caso hai que rexeita-lo test. 8.- A táboa seguinte indícanos a cantidade aproximada de Estreptococos fecales por 100 ml de auga, e baséase no número de tubos que mostran un troco da cor (método do Número Mais Probable -MNP-) sendo unha versión abreviada do método empregado de xeito oficial en todo o mundo. O valor 100 é un valor guía, que non debe sobrepasarse nas augas sometidas á Directiva Comunitaria de Augas de Baño. |
Resultados:
| Nº de tubos escurecidos | Nº probable de Streptococos |
| 1 | < 100 |
| 2 | 100 |
| 3 | 200 |
| 4 | 400 |
| 5 | 1000 |