|
Marte
Ten un diámetro de 6.794 km e un
período de rotación semellante ó da Terra: 24 horas e 37 minutos; dá unha
volta arredor do Sol cada 687 días. Posúe dous pequenos satélites, Fobos e
Deimos, que orbitan moi preto de Marte.
Xeoloxicamente, é un planeta moi variado, e a
cor vermella débese á abundancia de ferro. A superficie está cuberta de
cráteres e volcáns, un dos calses --o Olympus Mons-- chega ata os 24.000 m
de altura.
A atmosfera é transparente e
está composta principalmente de dióxido de carbono. A oscilación térmica é
moi grande, con temperaturas diúrnas de 20ºC e nocturnas de -125ºC. |
1. Marte tarda menos cá Terra en dar unha volta arredor do Sol.
Verdadeiro
Falso
(detectado un erro
nesta cuestión)
2. A órbita dos sátelites de Marte é distante.
Marte non ten satélites
Distante
Próxima
3. Se a Terra é o planeta azúl, Marte pode denominarse...
O planeta colorado
O planeta vermello
O planeta laranxa |