Ao rematar o
cuestionario, abre o programa Paint e debuxa o velagullas con todos os
atributos do texto (corno, lingua...)
O velagullas
O velagullas é un trasno pequeno, dos máis pequenos, e está sen traballo desque foi inventado o acerico para uso de xastres e costureiras. O velagullas estaba ao servizo da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono, as agullas perdidas nos panos ou no chan. Polos seus servizos non cobraba nada, pero os xastres facíanlle monteiras, camisas, cirolas... Íase polo San Xoán e non volvía deica o outono. O velagullas era moi buliceiro. Cando un xastre de Lugo, que se chamaba señor Mingos, trouxo a primeira máquina de coser que houbo por aquí, o trasno fixo augas maiores por ela. Andaba tolo. Agachaba á mantenta os acericos, para que apreciasen o seu traballo. ¿Por onde andará agora?
Quen é o velagullas?
Un neno.
Un trasno.
Un animal.
Para quen traballaba o velagullas?
Para os deseñadores.
Para xastres e costureiras.
Para o señor Mingos.
Cando marchaba o velagullas?
No mes de xullo.
No mes de xuño.
No mes de agosto.
Que son as cirolas?
Calzóns.
Gravatas.
Luvas.
Que significa "RESTITUÍR"
Devolver
Arranxar
Vender
Por que andaba tolo o velagullas?
Porque quedou sen noiva.
Porque quedou sen traballo coa chegada da máquina de coser.