.
Todos os
textos, imaxes e ligazóns destas páxinas teñen, exclusivamente,
unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade
educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se
vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao webmaster (tintarras@gmail.com),
para solicitar a retirada do material que considere da súa
propiedade intelectual.
Tintarrás Caderno de lingua e literatura
12 de novembro de 2009
Homonimia e polisemia: humor con xogos de palabras
Un escritor que non se sente
capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta
historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia
que o autor non é quen de escribir.
O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de
verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa
casa.
Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde
atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar a flor para que recupere
toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é
inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non só renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do
mundo e, probablemente, na máis fermosa.
Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa
nola acaba de contar…
“Ao remate foi doado
contar a historia.
Agora que xa coñeces o argumento, como nola
contarías ti?”
7 de agosto de 2009
Ben falado
Curso 2006-2007
Palabras con sentido
Resultado da enquisa sobre as
palabras máis fermosa, queridas, apreciadas...
Benvid@ á aula de informática
para traballares
na materia de
Lingua Galega e Literatura
REGRA BÁSICA
Usa os ordenadores con
responsabilidade.
REGRAS DE TRABALLO
Pregunta o que non entendas.
Intenta aprender dos erros para
non repetilos.
Non fagas trampas.
REGRA UNIVERSAL
Non perdas o tempo nin nolo
fagas perder aos demais.
Páxina actualizada o 5 de novembro de 2009
Curso 2009 - 2010
Actividades autoavaliables
realizadas
cos programas WebQuestions2 e HotPotatoes
para traballarmos aspectos ortográficos,
gramaticais e léxicos
da lingua galega.