Léxico

Sinala a definición correcta:

1. Filatelia

    Afección a pasar moito tempo cos fillos.

    Afección a estudar ou coleccionar selos de correos.

    Afección a estudar ou coleccionar moedas e billetes.

2. Papiroflexia

    Habilidade para representar papeis de escaso valor.

    Paixón polo estudo dos papiros.

    Arte e habilidade de crear figuras dobrando un anaco de papel.

3. Numismática

    Inspiración do artista ou escritor afeccionado.

    Coñecemento das moedas e medallas, sobre todo das antigas.

    Afección polo cálculo mediante instrumentos electrónicos.

4. Cleptómano

    Que ten propensión patolóxica a cometer roubos.

    Que ten propensión a padecer doenzas de xeito ficticio.

    Que ten propensión enfermiza a mentir.

5. Iconoclasta

    Artesán que realiza as iconas e representación sagradas.

    Favorable ao culto das imaxes.

    Contrario ao culto das imaxes.

6. Guindastre

    Tráfico obstruído pola aglomeración de vehículos.

    Cesto onde se tiran papeis e outros obxectos.

    Vehículo provisto de máquina para remolcar automóbiles.

7. Trade

    Ferramenta usada para facer buratos na madeira, na pedra, no ferro...

    Pao, ferro ou obra de formigón nos que se apoian pisos, teitos...

    Aparello que produce ou proxecta unha chama para fundir ou soldar metais.

8. Albedrío

    Primeira luz do día, no momento da alborada.

    Facultade do ser humano para obrar libremente. segundo o que lle dicta a súa razón.

    Facultade que capacita a alguén para realizar certo tipo de cousas.

9. Ególatra

    Que se repudia ou odia a si mesmo.

    Que atenta contra a propia vida

    Que se admira ou adora a si mesmo.

10. Bulevar

    Rúa ancha e longa adornada con árbores.

    Establecemento de comida rápida.

    Parte dunha estrada comprendida dentro dun núcleo urbano.

Seguinte