Definicións
Indica a palabra que corresponde a cada definición. Emprega o dicionario electrónico en cado de dúbida.
1. : Idea ou proxecto que se considera moi bo pero irrealizable.
2. : Morte ou putrefacción local dos tecidos do corpo.
3. : Sono profundo e prolongado durante o que diminúen as funcións vitais do individuo ata o punto de que parecen non existir.
4. : Caixa alongada de madeira onde se mete o corpo do defunto para enterralo.
5. : De pouco grosor.
6. : Que produce enfermidade.
7. : Deporte olímpico que consiste no levantamento de pesos.
8. : Cada unha das dúas veas que están situadas a ámbolos lados do pescozo.
9. : Ornamento en forma de espiral, característico do capitel xónico.
10. : Relativo ó xogo.
Seguinte