Anónimo, A abella especial

 

Jenifer Álvarez, A nosa lingua

 

Lorena García, Poema

 

Iván López, Galicia

 

Manuela Otero, A primavera

 

Andrea Rodríguez

A castaña Catalina

A lingua

 

Soraya Vilela, Galiza ceibe

 

Iván Villarino, Sen título

 

 

 

 

 

 

 

 

GALIZA CEIBE

 

Galiza ceibe.

Galiza única.

Como esta terra

Non hai ningunha.

 

Morriña sinto,

Choro sen parar

Cando de Galiza

Me teño que separar.

 

Lévote no corazón,

Lévote na miña alma

Porque algo tan puro

Non é facil de olvidar.

 

 

É un gran sentimento

O que por Galiza sinto

Que  gardo no corazón

Con gran satisfacción.

 

Soraya Vilela Vilela

1º da ESO

                                  

******************************

 

A castaña Catalina

 

Unha vez, cando se aproximaba o outono,unha castaña chamada Catalina, decidiu esconderse e quedar a vivir no castiñeiro, porque pensou que o pasaría mellor ca na casa dos veciños.

Cando chegou o outono, os veciños da aldea foron recoller as castañas ao souto.Cando xa tiñan os sacos cheos de castañas, botáronnos nos coches que traían e marcharon para a aldea.Pero nun castiñeiro quedara unha castaña, Catalina, que se agochara nun ourizo medio regañado para que non a colleran.

¡Que ben!- pensaba Catalina-.Non me tiraron ao chan,así quedarei no ourizo sen que ninguén me vexa.Verei nacer as castañas do ano que ven, e as outras, ¡e a todas! Que tontas foron as miñas amigas, non me fixeron caso e marcharon para a aldea cos veciños.

Ela estaba toda contenta, alí no alto do castiñeiro, agochada no ourizo, para ninguén a vise, e puidese quedar alí para sempre.

Catalina pensaba que as súas amigas eran unhas parvas, por non quedar alí con ela.Pero pasaron os días e cada vez ía máis frío:polas noites xeaba e a castaña tremía co frío e todas as noites dicía:

¡Brr, que frío! Mellor o tería pasado se fose coas miñas amigas para as casas dos veciños. Alí estaría quentiña como estarán agora Helena,Carla, Xulia e as demais;que ven fixeron en non facer caso das miñas tonterias, porque se non agora estarían tremendo co frío igual ca min.

Pero non por iso deixou de haber vento.As follas que estaban no chan, andaban dun lado para outro,igual que os ourizos,empuxados polo vento.Tamén á castaña Catalina a levou o vento nun remuíño de follas secas e ourizos, ata que quedou agochada debaixo dunhas follas. Alí ficou, mollada pola choiva e tremendo co frío.

De súpeto sentiu un ruído nun lado do bosque, coma se alguén andase remexendo nas follas do chan.Ollou cara alá e viu que era un porco bravo, que andaba fozando nos ourizos na procura de castañas para comer.A pobre Catalina, pensou que ese era o seu fin:

¡Pobre de min!¡o que me faltaba! Como veña ese porco e me pape,non me vai dar tempo nin de dar un pío. Que mal fixen en non marchar coas miñas compañeiras!Agora vou morrer aquí mesmo. Que medo!

 O porco bravo foise achegando moi despacio ata onde estaba a castaña, ela cada vez tiña máis medo.Cando o animal estaba remexendo cos fociños nos ourizos que estaban á beira de Catalina, ergueu de súpeto a cabeza e botou a correr moi de presa polo bosque arriba.De seguido apareceu pola outra parte do souto un veciño da aldea que viña a recoller un caldeiro do que se esquecera o outro día. A castaña ó velo meteuse de seguida nun sitio visible para que o veciño a collera. O home meteuna no peto e ó chegar á casa púxoa xunto ás súas amigas.

Catalina contoulle o mal que o pasara e elas chamáronlle parva porque xa a avisaran antes e non lles fixera caso.

A castaña estaba moi quente e contenta de estar alí coas súas amigas. Arrepentiuse moitísimo de facer o que fixo porque se non chega a aparecer ese home e espantar o xabarín agora Catalina estaría morta e na barriga dese mal bicho.

 

Andrea Rodríguez Vila

2º da ESO

******************************

 

Cando marcho de Galicia

sinto  que  a miña alma  chora

e énchese de ledicia

cando volve  a terra que  añora.

 

Na nosa  terra

falamos o  galego

porque  e  o noso  idioma

e  para  non  perdelo.

 

Os emigrantes

que marchan  sen  solución

por fora  non choran

pero árdelles  o corazón.

 

Eu vivo nunha aldea

unha aldea de Galicia

estou moi contenta nela

e coidoa con ledicia.

 

As costas de Galicia

son xeniais

cando pecho os ollos

oio o son das olas

e tamén dos animais.

 

Eu vivo en Galicia

e non quero marchar dela

pero se algún día ela morre          

eu quero irme con ela.   

                   

Lorena García Campos

 

******************************

A abella especial

 

O día  6  de xaneiro, no enxame Colorado nacera  unha   preciosa  abella chamada  Mini. Os pais, Sari e  Blus, estaban  moi  contentos  e  as  demais  abellas  tamén  esperaran  ese  día  con  moita  ilusión  e  estaban  moi  contentas. Algunhas  ata  coidaran  a  Sari  durante  o  embarazo. Sari  estivera magnificamente eses  meses, facíanlle comida  especial ,  aloumiñábana  e sentía  unha  paz  dentro  dela  moi  grande.

Xa  estaba  alí  Mini, e as  abellas  prepararon   unha  festa para  darlle a benvida.

 Mini non  era igual que as  demais   abellas ;  ninguén  se  fixara   no  seu  aguillón ,que brillaba como se fose  purpurina .Os pais  e as demais  abellas  estaban tan  contentos  que non se fixaran .

Alí  a  carón  do  enxame    Colorado  había  unha  casa  moi  bonita . Tiña  un   xardín  precioso  con  moitas  flores e  arboriños. Tamén  había  todo  tipo  de  froiteiras: cerdeiras, ameixeiras, abelairas,etc. A  casa  era  de  pedra  e  moi  grande  con  tella  gris. E  ó  fondo  unha  caseta  e  unha  gaiola  para  os  cans. Era a casa  máis  bonita  da  aldea. Todos  os  que  pasaban  por  alí  quedaban  pasmados Alí  vivían  un  matrimonio  con dúas nenas. A muller  chamábase  Ana ,o  home  Juan,  e  as  fillas  María  e  Laura. Laura  tiña  12  anos  e  ía  o  instituto de  Castro  de  Baronceli, era  unha  nena  moi  guapa  e  lista. María  tiña 10  anos  e ía   a  un  colexio  chamado  as  Vendas  da  Barreira ,  era  un  pouco  traste  e tamén  era lista.

Un  día  cando  ían  paseando  Laura  e  María, encontráronse  con  Mini  que  xa  medrara. Laura coma  sempre  botouse  a  correr  como  unha  louca  e  deixou  a  súa  irmá  atrás. María  berráballe  e  dicíalle:

   ¡Laura,  non  corras! Se  corres  vai  ir  detrás  de ti  e  picarate.

Laura  non  fixo  caso, pero  parou, porque  se  cansara  de  tanto  correr. María  e  Laura  seguiron  paseando  e  Mini  marchara  para  a  casa  a  comer  coa  familia.

Mini  xa  era  toda  unha  moza  e  nunca  lle  contaba  os  seus  problemas  a  seus  pais. Cando  acabou  de  comer  marchou  para  o  seu  cuarto  e  dixo:

¿Por que  escaparía  esa  nena  de  min? Eu  non  fago  dano, ou  iso  é o  que  creo.

 Mini  quedara  moi  pensativa, non  se  explicaba  porque  Laura  lle  tiña  medo.

Laura  e  María  foran  á  casa  dos  seus  avós  e  das  súas  primas  que  quedaban  a  menos  dun  quilómetro  da  súa  casa. Case  sempre ían  alí  a  xogar, ben,  Laura  ía menos  porque tiña que facer moitos deberes  , pero María ía a miúdo0.

Alí  en  Xurés, que  así  se  chamaba  a  aldea,  había un  río e  Mini  cando  fora  dar  un  paseo  viuno. Ela  non  sabía  que  ese  río  existía e  como  tiña  sede  púxose  a  beber. Mentres  bebía  viuse  reflejada  na  auga  e  viu  que  o  aguillón  lle  brillaba  como  purpurina. Quedou  moi  impresionada   e  púxose  nunha  póla  a  pensar. 

Laura  e  María,ían paser moitas veces  coa  súa  avoa  e a súa  tía  polo  campo. Lidia, a  avoa  de  Laura  e  María  sempre  lles  decía:

­ ¡Veña  animádevos   que  hai  que  camiñar! Non se  pode  quedar  un  estancado na  casa.

E   entón  María  e  Laura  animáronse  a  ir  á   Ribeira , é  decir  ó  lado  do  río  da  aldea. Quedaba  algo  lonxe  da  aldea, pero  todas  camiñaban  coma  foguetes. Ó  ir  era  todo  costa  abaixo,  baixábase  cos  ollos  cerrados,  pero  costa  arriba ,  non  era  tan  fácil.Camiñaron  e  camiñaron  ata  chegar  ó  río,  e Laura  quedárase  atrás  para  atar  o  zapato. Cando  ía  atallalas  corría  un  montón  e  chegou  pronto  onda  elas.  De  repente  Mini  que  estaba  sentada  na  árbore  pensando poque  tiña  o  aguillón  distinto  ós  demais, viu  a  Laura. Rapidamente  se  decatou  de  que  era  a  mesma  nena   que  vira   aquel  día  e  lle  collera  tanto medo. <mini  creu  que  lle  collera  medo  polo  aguillón   que  tiña  e  decidiu  non  acercarse  máis  a  ela. 

Mini  foi   para  o  enxame  Colorado, ó  seu  lugar  secreto. O  seu  lugar  secreto  era  un  buraco  que  había  nunha  árbore  preciosa  á beira  da  casa. Mini  xa  aprendera  moito; como  usar  o  aguillón,  como  atacar  se  te  queren  matar,etc. Ela  non  quería  usar  o  aguillón, non  era  mala  e  quería  ser  amiga  de  Laura  como  fora.

María  e  Laura  xa  regresaran  do  paseo  e  foron  comer  á  casa. Había  polo  con  patacas  fritas  e  a  elas  encantáballe. Comeron  e  María  díxolle  a  Laura:

 Laura,  por  que   non  facemos  unha  cabana  naquela  árbore  de  alá?

 Oh  si,  dirémoslle  a  papá  que  nola  faga.

As  rapazas  fóronllo    dicir  ó  seu  pai  e  el  aceptou  encantado.María  e  Laura  foron  por  táboas  e  axudáronlle  ó  seu  pai,  por  iso  acabaron  nun  plis  plas. Cando  acabaron  as  rapazas  déronlle  un  bico,  unha  aperta  e  as  grazas  ó  seu  pai, estaban moi contentas coa súa cabana.

Primeiro  recolleron  e  limparon, despois  pintaron  e  logo  foi  cando  xogaron. Estaban  moi  tranquilas  e  pasábano  moi  ben.

Mini  que  estaba  metida  na  árbore,  oía  ruídos  e  saíu  do  burato. Laura  viuna  e  gritou:

 María,  unha  abella  está  na  árbore!

 Tranquila  Laura,  que  non  pasa  nada,  eu  xa  a  mato.

 Non,   estás  tola , se  intentas  matala  vaite  picar!

María  colleu  unha  táboa  e  deulle  a  Mini  intentando  matala. Mini  non  sabía  que  facer, era  a  primeira  vez  que  se  enfrentaba  a  laguen e lembrou o  que  lle  dixera  Sari, a  súa  nai, e  intentou  picala. Pero  Mini  fallou  e  picou  a  Laura. A  Laura  non  lle  doeu  a  picada, todo  o  contrario, aínda  se  sentía  mellor  e  oía  falar  a  Mini. Laura   non  sabía  o  que  pasaba    oía  a  Mini  decir:

 Perdón  non  che  quería  facer  dano! Manqueite? 

Laura  díxolle:              

 Non  tranquila.   Quen  es  e  por  que  te  podo  oír?

 Chámome  Mini e  creo  que  son  distinta  ás  demáis  abellas,  o  meu  aguillón  brilla  e  non  pica.

 Ai  que  ben!  Queres  ser  a  miña  amiga?

 Si, encantada, reunirémonos  na  cabana  cando  queiras.

E así foi como Mini tivo unha nova amiga.

 

***********************************

                              A Primavera                     

 

                          Xa está aquí!                                                

                      Xa chegou!

                      Fermosa estación

                      que sempre estas no meu corazón.

 

                      As flores volven  saír,

                      a ilusión volve  crecer,

                      e nas árbores os paxaros                            

                      fan os seus niños                                      

                      para que os seus pequenos

                      poidan nacer.

 

                      As bolboretas falan do inverno,

                      as bolboretas non paran de voar,

                      e no corazón

                      xa se sinte o seu doce cantar.

 

                     Xa volven aquí!                            

                     Xa se oen!                                       

                     O seu zoar e tan doce

                     como o mel que nos traen.

 

                     Cando todo isto  acabe,

                     as luces da miña alma apagaranse          

                     e entón aí saberei,

                     que todos estes recordos iranse.

                                                

                                                   Manuela Otero Fernández

 

***********************************

A nosa lingua

 

 

Nós temos unha lingua

Que debemos gardar,

Pero outros non queren

Nin oíla falar.

 

O Galego para algúns

Era lingua de pobres,

Porque pensan que outras

Son moito mellores.

 

Chamábannos paletos

Por falar o Galego

Pensaban que eran mais finos

E sabían que non era certo.

 

Eu falo o Galego,

E non me deixo levar

Por outras linguas

Que me queren engaiolar.

 

Hai xente de Galicia

Que o galego non quere falar,

Como sigamos así

Ninguén o vai herdar.

 

Dentro de pouco

Volveremos ó pasado

Os Séculos Escuros

Están aquí ó lado

 

Entre todos

Podémola mellorar

A nosa lingua

Non se esquecerá

 

Jenifer Álvarez (2 ESO)

*********************************************

 

Eu vivo nunha vila do concello de Ourense que se chama Verín. Nacín noutro pobo chamado Riós, pero varios anos despois mudeime. Eu non queria irme de Riós poque sabía que non ía ser o mesmo vivir nun piso que nunha casa.

Todos os meus sentimentos quedaron na casa onde eu vivia, todas as miñas alegías e os meus momentos tristes, eu pasábao moi ben nese pobo, un pobo no que non hai máis de duascentas persoas. Os meus recordos están escritos nas paredes daquela casa.

Agora voume afacendo a vivir no piso, pero aínda me lembro dos paseos que dabamos polo monte e que nesta vila non hai case ningún.      

 

Iván Villarino Rúa

1º da ESO

*********************************************

 

           A LINGUA
Galicia ten unha lingua

que nunca se perdeu

os nosos avós falárona sempre

e escribírona cando a causa se deu.

 

O galego nos pobos

Utilízase para facer amizades

outros non o queren nin oír

como a xente das cidades.

 

O galego é unha lingua

moi ben formada

pero os casteláns

pensan que é unha porcallada.

 

Eu falo galego

e non vou parar

porque para que non se perda

non podo deixalo de falar.

 

Andrea Rodríguez Vila

2º da ESO

 

*********************************************

 

 

GALICIA

 

Miña terra galega

sen ti non podo estar

cando de aquí marcho

non deixo de chorar.

 

Estraño os rapaces nas rúas

as nosas festas popular

os cheiros dos prados

e o bo estar dos nosos lares.

 

Ás árbores, os montes

os vellos sentados á sombra

a tranquilidade do campo

os paxaros nas pólas.

 

As augas limpas e puras

que escorren entre as pedras

o billar das estrelas

que faría eu sen elas?

 

Teño unha fermosa lingua

é a miña lingua natal

terei que falala sempre

e nunca me avergoñar.

 

Amo moito a esta terra

porque nela nacín

aquí vivo feliz

e espero ter un porvir.

 

Iván López Greco

1º da ESO