Náchok                     índice                      contacta                    enlaces

 

 

20.01.05 

Vou lanzar unha revelación a nivel mundial: para facer máis levadeira a ingrata tarefa de limpar cristais, nada mellor que Led Zeppelin.

 

Voy a lanzar una revelación a nivel mundial: para hacer más llevadera la ingrata tarea de limpiar cristales, nada mejor que Led Zeppelin.

 

 

19.01.05 

Hoxe é o cumpleanos "real" deste cibercurruncho. "Coa suor do teu rostro comerás o pan" Xénese 3,19.  E á parte de referencias bíblicas (creo que queda claro que para chegar a unha foto decente hai que facer moitas, e esforzarse un "güevo" para que a cousa non dexenere) cumpliuse a profecía que lancei: 

Post do 14.01.04: "Un día destos decidín pasar do "onanismo" fotográfico e cambiarme ó "menage a trois".  Isto, claro está, na optimista suposición de que chegue a haber dous visitantes asiduos a ista miña páxina. (salvando os coleguiñas de turno, claro)

Con todo, creo que foi positivo, créase un hábito e unha pequena disciplina de traballo. O recoñecemento de terceiros sempre supón unha inxección de moral para seguir, pero como son tan cabezón pois sigo igual, ademais, dentro de pouco nin á sanidade pública lle van quedar inxeccións que poñer.

Vou a ver se teño unha vela para soplar.

 

Hoy es el cumpleaños "real" de este ciberincón. "Con el sudor de tu rostro comerás el pan" Génesis 3,19.  Y a parte de referencias bíblicas (creo que queda claro que para llegar a una foto decente hai que hacer muchas, y esforzarse un "güevo" para que la cosa no degenere) se ha cumplido la profecía que lancé: 

Post del 14.01.04: "Un día de estos decidí pasar del "onanismo" fotográfico y cambiarme al "menage a trois".  Esto, claro está, en la optimista suposición de que llegue a haber dos visitantes asiduos a esta mi página. (salvando los coleguitas de turno, claro).

Con todo, creo que ha sido positivo, se crea un hábito y una pequeña disciplina de trabajo. El reconocimiento de terceros siempre supone una inyección de moral para seguir, pero como soy tan cabezota pues sigo igual, además, dentro de poco ni a la sanidad pública le van a quedar inyecciones que poner.

Voy a ver si tengo una vela para soplar.

 

 

18.01.05 

O segredo da palla. Demasiados testigos.

El secreto de la paja. Demasiados testigos.

 

 

17.01.05 

¿Como che vai a vida, meu? ¿Non será unha vida de cans?

¿Como te va la vida, amigo? ¿No será una vida de perros?

 

 

16.01.05 

Pois si, hoxe decidín pasar de mirar o número de visitas e todo o relacionado coa publicitación deste cibercurruncho. Paso. Á miña bola e punto, ao fin e ao cabo só hai uns dez mil fotoblogs a maiores deste. 

Xa teño dabondo con esixirme a min mesmo.

 

Pues si, hoy he decidido pasar de mirar el número de visitas y todo lo relacionado con la publicitación de este ciber-rincón. Paso. A mi bola y punto, al fin y al cabo sólo hay unos diez mil fotoblogs a mayores de este. 

Ya tengo suficiente con exigirme a mi mismo.

 

Náchok                     índice                      contacta                    enlaces

 

Nachok© Todos os dereitos reservados