O día do teu nacemento
¿Que cousas pasaban cando naciches?

WebQuest de iniciación
Educación Primaria

Mario Aller
maller@edu.xunta.es
[Web de Ismaíl]

¿Que cousas pasaban cando naciches?

Introducción | Tarefa | Proceso | Recursos | Avaliación | Conclusión | Créditos

¡Un sorriso, por favor!


Introducción

Pode que xa celebraras moitas veces o día do teu cumpreanos. Pero, aínda que che pareza unha mentira, seguramente non sabes todas as cousas que sucederon no tempo do teu nacemento.

A ver, ¿coñeces os nomes da xente famosa que naceron o mesmo día que ti? Ou por exemplo, ¿sabes cales eran as cancións de moda o ano que viñeches ao mundo? ¿Ou cales eran os escritores e os libros máis premiados naquela época?

Pois imaxina que estás investigando este asunto en Internet. Agora debes encontrar as respostas a esas preguntas tan interesantes, e a outras que irán aparecendo, mentres realizas a seguinte actividade. ¡Ánimo e moita sorte!

Subir



A Tarefa

Na nosa primeira WebQuest, deberás ter en conta que neste tipo de actividades educativas utilizamos Internet como principal fonte de información. En consecuencia, a vosa misión inicial consiste en resolver as tarefas que se indican a continuación, ao mesmo tempo que navegades pola rede mundial.

 As tarefas son:

  • explicar o significado dos nomes da vosa familia;
  • encontrar personaxes con certa sona cos que compartas o teu mesmo día de cumpreanos;
  • buscar os títulos de películas ou series de televisión, de cancións ou de libros, que fosen moi populares durante o ano no que naciches;
  • descubrir algúns dos acontecementos sucedidos na data do teu nacemento;
  • elaborar un informe escrito e persoal que recolla con claridade toda esa información.

En determinados casos especiais, tamén utilizaredes outras ferramentas (ex., diccionarios, enciclopedias) para terminar algunha das tarefas citadas.

Subir



O Proceso

 Para levar a cabo esta misión, ¿cales son os pasos que deberás seguir? Fíxate ben. De entrada, realizaredes o traballo en grupos pequenos, que se formarán atendendo ás instruccións que recibiredes no seu momento. Cada grupo desenvolverá a súa investigación de maneira libre e cooperativa, e solicitaredes toda a axuda que sexa necesaria.

 A resolución das diferentes actividades contempla este proceso:

  • 1ª actividade: Busca e explica o significado do teu propio nome, e dos nomes dos teus pais e dos teus irmáns.

  • 2ª actividade: Encontra cinco personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas, políticos, etc.) que compartan contigo o mesmo día de cumpreanos.

  • 3ª actividade: Elixe un deses personaxes tan afamados e describe con brevidade os detalles máis salientables da súa biografía.

  • 4ª actividade: Busca e descubre os títulos de películas ou de series de televisión, de cancións ou de libros que fosen moi populares durante o teu primeiro ano de vida. Escribe alomenos tres títulos.

  • 5ª actividade: Busca e encontra tres acontecementos que coincidan co día de teu nacemento. Poden ser feitos de carácter social, cultural, político, deportivo, etc. Escolle un deses feitos e escribe un resumo de cinco liñas.

Cada grupo, para atopar toda a información que se vos pide, accederá on-line (é dicir, por medio de Internet) aos recursos que están xa seleccionados no apartado seguinte. Por esa razón, cando visites unha páxina web, recolle a información que che interese. Se precisas axuda, avisa ao teu profesor.

O datos requeridos que se consigan encontrar, serán anotados e ben gardados (nun borrador de escritura) por cada grupo de traballo, para así poder finalizar a súa misión. Ese material ten que servir para a elaboración dos vosos informes individuais, que cada alumno presentará ao remate desta experiencia.

Neses informes individuais, tamén crearedes unha portada que teña un título atractivo. Os apartados ou capítulos de cada informe estarán formados polas actividades desenvolvidas na aula e en Internet.

Permítese o uso dunha pequena cantidade de gráficos, de fotografías, de esquemas e outros recursos organizativos que melloren a presentación dos traballos.

Subir



Recursos

 Toda a información podes conseguila dos sitios de Internet que che ofrecemos. Se pulsas co rato nos enlaces que tes aquí, encontrarás moitas e diferentes posibilidades.

O significado dos nomes (en portugués e español)

Significado e celebración dos nomes

Calendario de aniversarios

O cumpreanos dos famosos (inglés)

As mellores películas españolas

Listaxe de series de televisión

Os debuxos animados de antes

Top 50: Os discos dos 90

Os Premios Príncipe de Asturias

Os Premios de Literatura (Ministerio de Cultura)

O almanaque da Historia

Cronoloxía política de España: 1975-2000

Biografías, Premios Nobel, Premios Cervantes, etc.

Wikipedia, a enciclopedia libre

 Se non aparece o que desexas nas páxinas web anteriores, emprega esta ferramenta para buscar por palabras clave ou importantes.

Subir



Avaliación

A avaliación das tarefas realizadas e de todo o proceso desta misión, tanto a nivel individual como o traballo en grupo, analizará os seguintes aspectos:

Incompleto

1

Medio

2

Ben

3

Excelente

4

Nota

Organización

Traballo
en equipo

Cada membro do equipo realiza as súas tarefas sen ter en conta ao seu compañeiro.
Hai pouca colaboración entre os membros do equipo.
Colaboran sen moitas dificultades na realización dastarefas.
Colaboran axeitadamente na resolución das tarefas e o traballo repártese de maneira equitativa.

Busca e manexo da información

Algúns temas que se pedían non foron buscados.
Tratáronse todos os temas pero con respostas demasiado curtas, sen aportacións persoais.
Todos os temas foron tratados pero sen ofrecer detalles de ningún tipo.
Trataron todos os temas e con aportacións persoais e detalles que melloran a valoración do traballo e da investigación.

Composición escrita

Redacción

Moitos erros gramaticais, ortográficos e de puntuación.
Hai poucos erros.
Case non existen erros. Material ben estructurado.
Sen ningún tipo de erros, boa presentación, expresión caligráfica correcta, etc.

 Informe presentado

Tarefa final

Un informe final que non se adapta aos requisitos do mesmo.
Un informe final case copiado das propias fontes de información.
Un informe final ben elaborado e organizado.
Un informe final elaborado, cunha exposición moi clara, concreta e ao mesmo tempo detallada.

Subir



Conclusión

O propósito das actividades integradas nesta WebQuest de iniciación é dobre:

Achegar ao alumnado ás novas tecnoloxías e facilitar, de paso, a asimilación dalgúns conceptos informáticos sinxelos, para adentrarse na navegación por Internet e no mundo da información dixital.

Mellorar a comprensión lectora do alumnado mediante o uso dos novos medios e desenvolver as súas competencias comunicativas, sobre todo na expresión escrita.

Subir



Créditos & Referencias

O contido desta WebQuest foi elaborado segundo un modelo orixinal de Emilia Rodríguez: ¿Qué pasó el día que nací? (http://platea.pntic.mec.es/%7Eerodri1/EJEMPLO3.htm)

Referencias bibliográficas:
— Crook, Ch. (1998): Ordenadores y aprendizaje cooperativo, Madrid, Morata.
— Reparaz, Ch., e outros (2000): Integración curricular de las nuevas tecnologías, Barcelona, Ariel.

A informática na escola

maio, 2006

Subir

WebQuest deseñada a partir das ideas de Isabel Pérez Torres | http://www.isabelperez.com
Baesada na plantilla descargada da WebQuest Page http://edweb.sdsu.edu/webquest/webquest.html
co permiso de Bernie Dodge